REVISTA ABRIL

De ellos aprendí. El musical

13feb12:00De ellos aprendí. El musicalPEQUERRECHOS | Desde 15,75€12:00(GMT+01:00) Mar de Vigo

Detalles do eventos

“De ellos aprendí”. EL MUSICAL DE LOS GRANDES MUSICALES, ten a súa orixe nun acontecemento inesperado na lla de Motunui, onde Vaiana, que será o personaxe condutor do musical, ten a primeira oportunidade de liderar ao seu pobo. Para iso é guiada polo sabio espírito da súa avoa Talla, que a conducirá por unha gran viaxe, a través de máxicos contos, que lle axudarán a ser a gran líder que o seu pobo necesita.

E serán escenas e personaxes de La Sirenita, El Rey León, Frozen, Aladdín, Rapunzel o La Bella y la Bestia os que irán aparecendo en escena como protagonistas deste musical, no que grazas aos valores e coñecementos que aprenderá deles, Vaiana conseguirá ca súa avoa Tala, así como o seu pobo, se sintan moi orgullosos da líder na que se converteu.

Os nove actores, bailaríns e cantantes con todas as voces en directo, arropados por unha gran escenografía acompañada de proxeccións e un coidadísimo vestuario, darán vida a un dos grandes musicais do ano, que sen dúbida emocionará a todas as familias.

Entradas á venda en www.teuticket.com

Domingo 13 ás 12:00

Máis

Hora

(Domingo) 12:00(GMT+01:00)