OV430

27dec18:3020:00David Sueiro, Paula Diz e Jazz Laurel Quintet CONCERTOS | De balde18:30 - 20:00(GMT+01:00) El Corte Inglés

Detalles do eventos

O sábado, 27 de decembro, El Corte Inglés de Vigo ofrecerá unhas actuacións musicais moi especiais. A partir das 18.30 horas na planta baixa, o público poderá gozar do talento do pianista David Sueiro, neno prodixio de 11 anos, con oído absoluto, alumno da prestixiosa pianista lituana Rasa Bivieniene. David interpretará pezas desde Bach a Glass.

Ás 19.00 horas no Club do Gourmet será a quenda de Paula Diz, virtuosa do violín, tamén nena prodixio e oído absoluto. Diz actualmente estuda violín en Alemaña, onde é alumna do recoñecido profesor Skerdjano Keraj.

Ás 19.30, o grupo de Jazz Laurel Quintet amenizará plántaa soto do Corte Inglés, interpretando estándares de jazz e swing. O grupo está formado por 5 novos talentos, estudantes do Conservartorio Superior e Profesional de Vigo.

Estas actuacións crearán unha experiencia única para todos os asistentes, unha oportunidade perfecta para vivir a maxia da música en directo nunha xornada de compras do Nadal.

Hora

27 decembro, 2025 18:30 - 20:00(GMT+01:00)

Localización

El Corte Inglés

Av. da Gran Vía, 28, 36204 Vigo, Pontevedra

Other Events