ORQUESTRA CLÁSICA

19abr18:00Dakidarría e Arizona Baby actuarán no Malabar Pénjamo dentro do ciclo 'Tardes na Solaina'CONCERTOS | De balde18:00(GMT+02:00) Malabar Pénjamo

Detalles do eventos

O 19 de abril ás 18:00 h vai ter lugar a presentación do ciclo musical ‘Tardes na Solaina’ onde se van descubrir todos os concertos que terán lugar neste local situado ó pé da praia de Patos. Xa se coñecen algúns artistas como Dakidarría, que dará un concerto benéfico en acústico, ou Arizona Baby. A presentación corre a cargo de Patricia Santana e aos pratos estará DJ Toño Soulacket.

Un ciclo de concertos únicos no Val Miñor, que situará a este local no mapa de ocio cultural e musical do Sur de Pontevedra nesta tempada de verán do 2026.

“A nosa intención con este ciclo e darlle ó público unha opción cultural e de ocio atractiva e dinámica, apostando pola música de repertorio orixinal, con concertos que rematarán antes da posta de sol, coas Illas Cíes e a praia de Patos como telón de fondo”, indica Abel Pereira, un dos xerentes do Malabar Pénjamo.

Os máis de quince concertos terán lugar tódolos domingos de verán en horario de tarde, desde o 14 de xuño, data na que actuará a banda madrileña The Limboos, ata o festival SPLASH! o 29 de agosto. Apunta Abel que “este é un ciclo modesto, pero coa convicción de medrar e ter continuidade, para ofrecer unha proposta musical e de ocio diferente para as tardes dos domingos de verán.”

Tardes na Solaina, tamén acollerá a festa de presentación do festival Nigrán Blues, cunha jam especial a cargo dos músicos implicados neste evento; e a festa de clausura do festival Solpor Monteferro.

Hora

19 abril, 2026 18:00(GMT+02:00)

Localización

Malabar Pénjamo

Playa de Patos, Rúa Cansadoura, 29, 36340 Nigrán, Pontevedra

Other Events