Da avaricia, a luxuria e a morte – A Movida

novembro, 2018

23nov21:00Da avaricia, a luxuria e a morteTEATRO | 8,00 €21:00 Auditorio Municipal do Concello

Máis

Detalles do evento

Da avaricia
En Ligazón a avaricia é un colar que enxoia o espertar do desexo erótico máis primario e animal, pero sobre todo é un inmenso e brutal berro de reafirmación da propiedade da muller sobre o seu propio corpo. A confabulación da Raposa e a Venteira non será quen de afogar a ansia de emancipación dunha Moza cos seus obxectivos perfectamente trazados. A noite, a lúa, os cans, delinean un pacto de sangue que conducirá á morte, máis tamén á liberdade.
“A moza, cun aceno cruel que lle crispa os labios e lle afía os ollos, dá en se chantar as tesoiras na súa man, e entrementres, oprime a boca do mozo coa palma ensanguentada”.

A luxuria
En A rosa de papel asistimos á agonía dunha traviata desesperada polo seu mal casar e contrariada porque a billetaxe dos seus aforros será malgastada
por un mal home borrachón e anarquista. Cando o condenado regresa de encargar os divinos, en descubrindo as carnes brancas da defunta, entre os viños evaporados e os delirios desencaixados, sóbenlle ao caletre todos os putrefactos desexos carnais e necrofílicos, pero o lume da fragua vai coller fachendas de redención e acabará con todo.
“Simeón Julepe, entre labaradas, abrazado ao cadáver berra frenético. As langranas recúan, aspando os brazos. E toda a fragua adquire reflexos de incendio”.

E a morte
En A cabeza do Bautista, o patriótico indiano retornado fuxindo de xustizas, e despois da boa e incomprendida acción de dotar a un pobo inculto de bar e billares, se reencontra co seu pasado encarnado no fillo da finada, que chega con
intencións retortas de recuperar herdanzas e numerarios. O golpe só ten unha saída, e pasa por transportar o forasteiro á cova. A conseguilo se aplica con esmero a Pepona, que con esa acción quedará irremisiblemente unida ao destino do indiano. Pero no intre final todo se disloca e o que debería ser morte faise vida nun sen remedio.
“Os seus ollos toldados, premen, ao fulgor do facón que ergue a estadea amarela de don Igi. A Pepona, desmaiada, sente que se arrefría sobre a súa boca a boca do Jándalo”.

Hora

(Venres) 21:00

Lugar

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X