Curtidas – A Movida

xaneiro, 2019

25xan01marCurtidasEXPOSICIÓN | De balde(xaneiro 25) 19:00 - (marzo 1) 21:00 Biblioteca EMAO

Máis

Detalles do evento

A Escola Municipal de Artes e Oficios, cunha longa tradición nas ensinanzas artesáns en Coiro, achega ao público con esta mostra as posibilidades, a estética e a funcionalidade do traballo neste material. Dáse así a coñecer a actividade do obradoiro de Artesanía en Coiro, como vén facendo dende 2013 ao programar cada dous anos unha exposición con tal motivo.

Con Curtidas queren facer un recoñecemento público a todas aquelas mulleres que ao longo da historia se adicaron ao traballo do coiro nalgunha das súas vertentes: profesional, afeccionada ou artística; unha paixón por unha actividade case sempre compartida coas responsabilidades das súas vidas como nais, traballadoras, mulleres.

De 19:00 a 21:00 horas

Hora

Xaneiro 25 (Venres) 19:00 - Marzo 1 (Venres) 21:00

Lugar

Biblioteca EMAO

36201, Rúa de García Barbón, 5, 36201 Vigo, Pontevedra

X