Detalles do eventos
Curso Intensivo de Malabarismo funcional con Ilaria Ciari. Con dúas sesións de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 20:30. INSCRICIÓNS CONTACTANDO A: info@atipicocirco.com
Detalles do eventos
Curso Intensivo de Malabarismo funcional con Ilaria Ciari. Con dúas sesións de 10:00 a 14:30 e de 16:00 a 20:30.
INSCRICIÓNS CONTACTANDO A: info@atipicocirco.com
Dirixido a todas as persoas interesadas en coñecer ou afondar nesta metodoloxía, aplicable en contextos educativos, lúdicos e terapéuticos.
O malabarismo funcional é unha ferramenta inclusiva que adapta a práctica dos malabares para que sexan accesibles a máis persoas. Ten un carácter lúdico e terapéutico, e permite gozar dos múltiples beneficios do malabarismo nos eidos físico, cognitivo, social e emocional.
O propósito principal é ofrecer recursos e ferramentas para crear condicións de igualdade de oportunidades no proceso de aprendizaxe. A través de metodoloxías inclusivas, podemos facer dos malabares unha disciplina moito máis accesible, adaptando condicións e medios para que todo o mundo poida practicar e beneficiarse dela.
Hora
15 novembro, 2025 10:00(GMT+01:00)
Localización
Atipico Circo
CEIP CARRASQUEIRA, Rúa Da Carrasqueira, s/n, 36331 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
novembro


