REVISTA ABRIL

Curiosidades Solita: Solita baixo as estrelas

05ago21:00Curiosidades Solita: Solita baixo as estrelasACTIVIDADES PARA O COCO | De balde21:00(GMT+02:00) Villa Solita

Detalles do eventos

Os venres de verán a finca rehabilitada de Villa Solita volve converterse nun espazo de encontro artístico. Do 1 de xullo ao 19 de agosto esta antiga construcción indiana albergará concertos, observacións astronómicas e presentacións de libros.

PROGRAMACIÓN

1 DE XULLO – WEST RIDE
8 XULLO – DE SOLITA Á LÚA: Da terra a lúa + Son da cidade + Nicolás Pastoriz
15 XULLO: DIOIVO
22 XULLO: RED CHEEKS QUARTET
29 XULLO: CLOAKA SOUND + JCA
5 AGOSTO: SOLITA BAIXO AS ESTRELAS

Para este día programamos da man do historiador e divulgador astronómico, Pablo J. Martínez Alemparte, unha xornada novidosa e distinta para Solita na que mesturaremos Historia e Astronomía. Por unha banda, a historia da nosa cidade e deste espazo patrimonial nun momento crucial como foi o século XIX, e por outra, as conexións, tanto mitolóxicas como prácticas, que existiron ao longo da Historia da Humanidade entre os fenómenos astronómicos e as distintas culturas.
COÑECE “VILLA SOLITA”
Nesta primeira parte da actividade e coincidindo cos derradeiros momentos do día, coñeceremos a historia detrás de Vila Solita, esta formidable construción, rehabilitada recentemente como espazo cultural, patrimonial e de singular arquitectura polo Concello de Vigo. Servirá tamén como marco sobre o cal falar dun período clave na historia da cidade de
Vigo, como foi o século XIX, momento no cal se deu o salto definitivo de “Vila a Cidade”.
O CEO NOCTURNO DE VERÁN
Cando caia a noite, e no espazo exterior do predio, apagaranse as luces da contorna para facer un percorrido guiado polo ceo nocturno do verán, o cal, ao longo da historia, foi instrumento para a medida do tempo, a orientación, e a plasmación dos idearios míticos das sociedades humanas, pero tamén unha paisaxe natural, cultural… e fonte de inspiración para a arte en todas as súas vertentes.

12 DE AGOSTO: LAR DE LÚA
19 DE AGOSTO: DENIS CARBALLÁS

Todas as actividades son gratuítas e o aforo encherase por orden de chegada.

20:30 APERTURA DE PORTAS
21:00 PRESENTACIÓN CONCERTO

Máis

Hora

(Venres) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Villa Solita

Camiño Freixeiro, 14, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events