
19ago21:00Curiosidades Solita: Denis CarballásCOCNERTOS | De balde21:00(GMT+02:00) Villa Solita
Detalles do eventos
Os venres de verán a finca rehabilitada de Villa Solita volve converterse nun espazo de encontro artístico. Do 1 de xullo ao 19 de agosto esta antiga construcción
Detalles do eventos
Os venres de verán a finca rehabilitada de Villa Solita volve converterse nun espazo de encontro artístico. Do 1 de xullo ao 19 de agosto esta antiga construcción indiana albergará concertos, observacións astronómicas e presentacións de libros.
PROGRAMACIÓN
1 DE XULLO – WEST RIDE
8 XULLO – DE SOLITA Á LÚA: Da terra a lúa + Son da cidade + Nicolás Pastoriz
15 XULLO: DIOIVO
22 XULLO: RED CHEEKS QUARTET
29 XULLO: CLOAKA SOUND + JCA
5 AGOSTO: SOLITA BAIXO AS ESTRELAS
12 DE AGOSTO: LAR DE LÚA
19 DE AGOSTO: DENIS CARBALLÁS
Denis Carballás é un músico vigués membro de The Riggos, Sni & Crash o Beethoven Rollers. Desde 2016 compón e grava cancións en solitario, chegando a publicar ata a data 4 EP’s e un LP. Cancións sobre historias do día a día, melodías alegres cun ollo na música dos anos 60, o blues e o pop.
Ademais, ten composto bandas sonoras para diferentes proxectos audiovisuais e, en 2022, publica “Son da Cidade” (Galaxia Editorial) xunto a Pablo Vázquez, un libro ilustrado sobre a historia da música viguesa do século XXI.
Denis Carballás levará a Villa Solita as súas cancións xunto con algunha versión de grupos como os Ramones, The Beatles ou The Who, contando historias curiosas sobre elas e facendo un percorrido á música que lle gusta nunha, esperemos, cálida noite de verán.
Todas as actividades son gratuítas e o aforo encherase por orden de chegada.
20:30 APERTURA DE PORTAS
21:00 PRESENTACIÓN CONCERTO
Máis
Hora
19 agosto, 2022 21:00(GMT+02:00)
Localización
Villa Solita
Camiño Freixeiro, 14, 36212 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualabril
- Mes actual