REVISTA ABRIL

Curiosidades Solita: Da terra a lúa + Son da cidade + Nicolás Pastoriza

08xul21:00Curiosidades Solita: Da terra a lúa + Son da cidade + Nicolás PastorizaCONCERTOS | De balde21:00(GMT+02:00) Villa Solita

Detalles do eventos

Os venres de verán a finca rehabilitada de Villa Solita volve converterse nun espazo de encontro artístico. Do 1 de xullo ao 19 de agosto esta antiga construcción indiana albergará concertos, observacións astronómicas e presentacións de libros.

PROGRAMACIÓN

1 DE XULLO – WEST RIDE

8 XULLO – DE SOLITA Á LÚA: Da terra a lúa + Son da cidade + Nicolás Pastoriza

Unha xornada para coñecer de preto a nosa compañeira orbital; a súa orixe, influencia na Terra, exploración e a súa relevancia histórico-cultural no século XIX collendo como referencia o clásico da literatura de aventuras de Jules Verne “Da Terra á Lúa”. A actividade complementarase coa observación en directo do noso satélite a través do telescopio e o equipo de proxección.
Previamente á actividade, presentarase o libro Son da Cidade. O libro da música viguesa do noso século, de Pablo Vázquez e Denis Carballás (Editorial Galaxia), un ensaio ilustrado pioneiro que busca divulgar o panorama actual e descubrir a que soa Vigo. O proxecto abarca as últimas dúas décadas da música da cidade máis grande de Galicia. Contaremos coa presenza de Nicolás Pastoriza que porá música en directo.

15 XULLO: DIOIVO
22 XULLO: RED CHEEKS QUARTET
29 XULLO: CLOAKA SOUND + JCA
5 AGOSTO: SOLITA BAIXO AS ESTRELAS
12 DE AGOSTO: LAR DE LÚA
19 DE AGOSTO: DENIS CARBALLÁS

Todas as actividades son gratuítas e o aforo encherase por orden de chegada.

20:30 APERTURA DE PORTAS
21:00 PRESENTACIÓN CONCERTO

Máis

Hora

(Venres) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Villa Solita

Camiño Freixeiro, 14, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events