Curiosidades Solita: Cloaka Sound + JCA

29xul21:00Curiosidades Solita: Cloaka Sound + JCACONCERTOS | De balde21:00(GMT+02:00) Villa Solita

Detalles do eventos

Os venres de verán a finca rehabilitada de Villa Solita volve converterse nun espazo de encontro artístico. Do 1 de xullo ao 19 de agosto esta antiga construcción indiana albergará concertos, observacións astronómicas e presentacións de libros.

PROGRAMACIÓN

1 DE XULLO – WEST RIDE
8 XULLO – DE SOLITA Á LÚA: Da terra a lúa + Son da cidade + Nicolás Pastoriz
15 XULLO: DIOIVO
22 XULLO: RED CHEEKS QUARTET
29 XULLO: CLOAKA SOUND + JCA

A Cloaka Sound é un grupo nacido no ano 2013, coa unión de ZdeZelso e ElGelete, dos mcs galegos da cidade de Vigo, quen aínda a día de hoxe seguen sacando diferentes singles, videoclips e maquetas dentro do xénero Rap.
A Cloaka presentarán en Solita un espectáculo de flamenco e rap cunha proposta moi atractiva na que se unen dous dos xéneros da música urbana que máis sentimento e paixón xeran entre os seus adeptos.
Tras varios anos publicando traballos tanto xuntos como individualmente e despois de ter pisado diferentes escenarios, ofrécennos un espectáculo único na escena musical galega.
Estarán acompañados de JCA (Jitano Con Actitud), pseudónimo de Ismael, cantaor vigués de música flamenca fusión con diversos estilos musicais e artista de dilatada traxectoria con destacadas colaboracións con artistas de renome da escena nacional, como Lion Sitte, Payo Malo ou Jarfaiter.

5 AGOSTO: SOLITA BAIXO AS ESTRELAS
12 DE AGOSTO: LAR DE LÚA
19 DE AGOSTO: DENIS CARBALLÁS

Todas as actividades son gratuítas e o aforo encherase por orden de chegada.

20:30 APERTURA DE PORTAS
21:00 PRESENTACIÓN CONCERTO

Máis

Hora

(Venres) 21:00(GMT+02:00)

Localización

Villa Solita

Camiño Freixeiro, 14, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events