Detalles do eventos
Culturgal 2025 preséntase como a súa edición máis ambiciosa: do 28 ao 30 de novembro, o Pazo da Cultura de Pontevedra converterase nun auténtico fervedoiro
Detalles do eventos
Culturgal 2025 preséntase como a súa edición máis ambiciosa: do 28 ao 30 de novembro, o Pazo da Cultura de Pontevedra converterase nun auténtico fervedoiro cultural, con máis de 750 artistas, 225 espectáculos e múltiples actividades para todas as idades. Esta feira das culturas galegas non só aspira a ser un escaparate das industrias culturais locais, senón tamén un espazo comunitario onde a música, o humor, a lectura, o baile e a programación infantil conflúen con forza.
Preme aquí para consultar a programación completa.
Música e humor como protagonistas
Unha das grandes apostas de Culturgal 2025 é dar un protagonismo especial á música galega: o xoves 27 inaugúrase coa cantante Uxía Senlle e varias convidadas no Auditorio; o venres continuará cun concerto feminino con Faia Díaz, A Pedreira e Felisa Segade; e para pechar, o domingo no Teatro Principal estará Óscar Ibáñez. No ámbito do humor, o sábado 29, a programación inclúe Moito conto, un espectáculo exclusivo creado por Xosé Antonio Touriñán, con figuras como David Amor, Pablo Meixe, Patricia Castriñón ou Marita Martínez.
Festa dos clubs de lectura
O sábado 29 será tamén tempo para a reflexión literaria coa Festa dos clubs de lectura de Galicia, un encontro pensado para membros de clubs de lectura que queiran compartir experiencias con autoras e autores. Ás 12:00 h terá lugar un debate sobre A novela curta está de moda?, con nomes como Manuel Esteban, Olalla Sendón e Diego Giráldez; pola tarde, café literario ás 16:00 e ás 17:00 contarán con Cynthia Méndez, Ana Varela e Alba Tomé; e ás 18:00 pechará Antía Yáñez e Marga Tojo.
Bibopalula: cultura para toda a familia
A programación infantil medra neste Culturgal grazas a Bibopalula, unha das propostas estrela para os máis pequenos.
Trátase dunha serie/música-aventura galega que se traduce nun espectáculo no recinto, pensado para crear unha experiencia cultural enriquecedora e lúdica en galego.
Vén e Baila: o baile tradicional reivindicado
O domingo 30 ás 13:30 chega a cita colectiva Vén e Baila, coordinada por Artur Puga, unha chamada aberta a perder o medo ao baile tradicional e a reencontrarse coa música de raíz. Unha das novidades desta edición é o proxecto As Pegadas do Baile, no que se marcarán pasos básicos de danza tradicional no chan para que calquera persoa (novata ou non) poida aprender. Ademais, para enriquecer esta chamada, haberá un faladoiro con referentes como Aida Tarrío (das Tanxugueiras), Lucía Estévez e o propio Puga, e a compañía de danza de Fran Sieira presentará Un baile ceibe ás 13:00 h.
Reivindicación cultural e comunitaria
A idea de Culturgal vai máis aló do espectáculo: busca construír pontes entre tradición e innovación, entre xeracións diversas e entre públicos con diferentes intereses. O proxecto As Pegadas do Baile non só é educativo, senón tamén reivindicativo, pois pretende democratizar o baile tradicional como unha forma de cultura comunitaria. Ademais, a feira tamén reforza a súa dimensión profesional e expositiva, con máis de 100 postos de editoriais, artesanía, xoguetes, e espazos institucionais.
Permanentes
- Espazo de xogos de mesa en galego para toda a familia – Brazolinda xogos
- Eduardo Baamonde pinta en acuarela, asina cadernos e fala coa xente – Almacén de fábulas
- Venta e explicación do proceso de creación de velas, postais plantables e produtos textiles dende cero – Eailustra
- Asesoramento para emprender no sector cultural – Pont-Up Store
- 11:00h a 14h e de 16:00h a 20:00h Instalación de realidade virtual Castelao. Mirar por Galicia – Xunta de Galicia
- Mostra de videoxogos desenvoltos en Galicia – Videoxogo.gal
Venres
- 11h Diego Linhares realizará en directo a peza Raíces e Cultura. Pintando redes – PuntoGal
- 11:30h a 12h Visita ao stand das representantes de EspazoCoop, Coceta, e outras asociacións de cooperativas e público de diversos territorios (Valencia, Andalucía, Cataluña, Madrid e Galicia) con motivo do Ano Internacional das Cooperativas 2025 e a celebración das Xornadas SOMOS CULTURA, SOMOS COOP. – Economía Social de Galicia
- 12h Lectura dramatizada – FETEAGAL
- 12h Puntogal presenta: Demostración de traballos da First Lego League Galicia. Espazo First Lego League Galicia
- 12h a 13h Sinatura de Raquel Rodríguez Muñiz e Lydia Chas – AGER, Asociación Galega de Escritoras e Escritores
- 12:30h a 14h Encontro de intercooperación cultural e visita da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais. Xuntanza de intercooperación entre as entidades presentes no stand, e outras cooperativas e entidades de economía social vinculadas ao sector. – Economía Social de Galicia
- 17h Lectura dramatizada – FETEAGAL
- 17h a 18h Sinatura de María Gil e Carmen Alcañiz – AGER, Asociación Galega de Escritoras e Escritores
- 17h a 19h Encontros coa Economía Social de Galicia. Reunións comerciais entre as entidades do stand e outras programadoras, técnicas ou promotoras do sector cultural. Estes encontros serán espazos breves, nos que cada entidade presentará un proxecto ou servizo a distintos interlocutores. – Economía Social de Galicia
- 17:30h Presentación: A regueifa chega ao teatro: Lupe Blanco, Josinho da Teixeira, Manolo Maseda e Touriñán – Xunta de Galicia
- 18h PuntoGal presenta: Concurso e demostración en directo de fútbol gaélico – PuntoGal
- 18h a 19h Sinatura de Mayte Corbillón e María Vila Tarela – AGER, Asociación Galega de Escritoras e Escritores
- 18:30h Sinatura de exemplares dos títulos Escola de monstros, Teoría King Kong, A miña vida nas estradas e Basta!, pola tradutora Raquel Senra. – Hércules de Ediciones
- 18:30h Silvia Penas asina A pel do exilio, Ed Espiral maior – Libraría Paz
- 19h Sinatura de Noa e a cidade sen maxia, de Angie Roa – Xerais
- 19h Irene Alonso Gasalla asina O nobelo de Nenuca – Cuarto de Inverno
- 19h a 19:30h Petiscos de maxia, a cargo da cooperativa Magia en la Manga. Convidamos ao público a presenciar unha selección de trucos que sorprenderán por igual a crianzas e adultas. A súa maxia visual, participativa e sorprendente logrará que quenes se acheguen a estes petiscos queden con ganas de converterse en magos e magas. – Economía Social de Galicia
- 19h a 20h Sinatura de Chus González del Río e Tania Poza – AGER, Asociación Galega de Escritoras e Escritores
- 19:30h Sinatura de Manual de camuflaxe, de Samuel Merino – Xerais
- 20h Sinatura de Chus Álvarez e El primo Ramón – Pepa a Loba editora
- 20h Sinatura de Marc Taeger – Pepa a Loba editora
- 20h Arturo Lezcano asina O país invisible. Libros del KO – Libraría Paz
- Promoción Creativas Galegas Sociedade Cooperativa e Atípico Circo – Pont-Up Store
Sábado
- Todo o día Sinatura de Miguel Robledo – Aira
- 11h Sinatura de exemplares do título Os xéneros musicais tradicionais e populares galegos polos autores, Moisés Quintas e Victoria Pérez – Hércules de Ediciones
- 11h Judit Santos, presentación oral do proxecto Xardinería terapéutica e cultura – Miudiño S.Coop.Galega
- 11h Diego Linhares realizará en directo a peza Raíces e Cultura. Pintando redes – PuntoGal
- 11h a 12h Sinatura de Isabel Ramos e Raquel Villanueva Lorca – AGER, Asociación Galega de Escritoras e Escritores
- 11h a 13h Ideación de proxectos compartidos. Un encontro de intercooperación entre as entidades participantes no stand co fin de coñecerse mellor e tecer alianzas máis sólidas – Economía Social de Galicia
- 11:30h PuntoGal presenta: Gravación de entrevistas para o podcast ‘Cultura a todas luzes’, presentado por Lois Arauxo. Entrevistarase a Neves Rodríguez, Isabel Vigo, Ángeles Huerta, Chévere, Paco Macías (Edicións Positivas), Compañía Pistacatro, Uxía Larrosa, Asociación A Coletiva (Asociación profesional de artistas de Galicia) – PuntoGal
- 11:30h a 12:30h Sen patrón. Novo circo. Cía Pistacatro – Xunta de Galicia
- 12h Sinatura de Fina Casalderrey e Xosé Cobas, autores de Filla das ondas – KALANDRAKA
- 12h Charla A escultura pública: o noso museo a ceo aberto – Fundación Xoán Piñeiro
- 12h Sinatura de As obras póstumas, de Diego Giráldez; A Casa Grande, de Olaia Sendón, e A lei do mar, de Manuel Esteban – Xerais
- 12h Lectura dramatizada – FETEAGAL
- 12h PuntoGal presenta: Demostración de traballos da First Lego League Galicia – Espazo Lego
- 12h Luis Davila asina O bichero – Libraría Paz
- 12h a 13h Sinatura de Sabela Senn e David Gago – AGER, Asociación Galega de Escritoras e Escritores
- 12:30h a 13:30h Obradoiro A árbore dos desexos. Decoración de árbores de nadal. 10 prazas. A partir de 8 anos – Xunta de Galicia
- 12h a 14h Tríos de poetas: Sinatura de Andra nunes Diáspora de amor balea (XII Premio Illas Sisargas de Poesía Erótica), Andrea Fernández Maneiro Edénicas (XVI Premio Illas Sisargas de Poesía Erótica) e Diana Kurich Feiras ao sisel (XVII Premio Illas Sisargas de Poesía Erótica) – Editorial Caldeirón
- 13h Sinatura de Lourdes Álvarez, autora do poemario Cos sinais da auga – KALANDRAKA
- 13h O escritor Henrique Dacosta asina exemplares da novela Mortes con argumento e outros libros – Belagua ediciones
- 13h Antía Marante asina Vostede está aquí – Cuarto de Inverno
- 13h a 14h Sinatura de Petra Bienvenido e Reka – AGER, Asociación Galega de Escritoras e Escritores
- 13:30h Obradoiro A árbore dos desexos. Decoración de árbores de nadal. 10 prazas. a partir de 8anos – Xunta de Galicia
- 14h Sinatura de Xosé Cobas, autor de Soño dunha sombra – KALANDRAKA
- 16:30h Andrés Castro e Alexandre Senande asinan Sentinelas – Mitolóxicas
- 17h Sinatura de exemplares do título O territorio de Valga en época romana polo autor, Diego Piay – Hércules de Ediciones
- 17h Encontros lectores con Andrea F. Maneiro, asina Meridiano Orixe
[Premio de Poesía do Concello de Vilalba] – Alvarellos Editora
- 17h Sinatura de Jorge Campos e David Gesteira – Aira
- 17h Sinatura de Guía ilustrada do Entroido Galego, de Alba de Evan e Xabier Domínguez – Xerais
- 17h Sinatura de Maios e desmaios, de Ramón D. Veiga – Xerais
- 17h O escritor e ilustrador Xosé Tomás asina exemplares do álbum ilustrado infantil A gran fuxida – Belagua Ediciones
- 17h Lectura dramatizada – FETEAGAL
- 17h Luis Valle asina Insomnia, Raquel C. Pico asina O mundo de Jane Austen e Rena Ortega asina Navidarium – Libraría Paz
- 17:30h a Contada do libro infantil Lola Feroz, publicado por Cuarto de Inverno. A cargo de Juan Baquero, autor. – Economía Social de Galicia
- 17h a 18h Sinatura de Marta Seoane e Andrea Micc – AGER, Asociación Galega de Escritoras e Escritores
- 17h a 18h Sarai Lorenzo asina Erea e as agullas máxicas – Antela Editorial
- 17:30h Presentación do novo traballo Resistir é Vencer de Loita Amada – AFOUTA
- 17:30h a 18:30h Obradoiro A árbore dos desexos. Decoración de árbores de nadal. 10 prazas. A partir de 8 anos – Xunta de Galicia
- 18h Sinatura de exemplares do título Á hora sinalada, gañadora do III Premio Alén do Concello de Ares, polo autor, Rafael Catoira – Hércules de Ediciones
- 18h Sinatura de Lucía Belarte e David Lorenzo, autores de A Panadería – KALANDRAKA
- 18h Encontros lectores con María Álvarez Landesa, asina Os pozos elegantes das clavículas [Premio Follas Novas 2025 ao Mellor Libro de Poesía] – Alvarellos Editora
- 18h Sinatura de Bea Gregores e María Besteiros – Aira
- 18h Sinatura de Terra de sacrificio, de Suso de Toro – Xerais
- 18h Asinatura: A dama de Amboto de Rober Cagiao en Calacán editorial. Unha novela de misterio que mestura thriller contemporáneo con elementos da mitoloxía vasca, ambientada entre Galicia e o País Vasco – Libraría Pedreira
- 18h Inma Soto sinatura de libros Xela, superheroína de aldea – Miudiño S.Coop.Galega
- 18h Juan Baquero asina Lola Feroz e Pablo Carreiro asina Xirarei! e Lola Feroz – Cuarto de Inverno
- 18h Sinatura de Carlos Negro. Libraría Paz falta título
- 18h a 19h Sinatura de Pablo Vila e Mav Alonso – AGER, Asociación Galega de Escritoras e Escritores
- 18h a 19h Paula Merlán asina Piolliños – Antela Editorial
- 18:30h a 19h Presentación das novas distribucións da cooperativa Miudiño, a cargo de Judit Santos en colaboración con Inma Soto e 13 Grados Cooperativa. – Economía Social de Galicia
- 18:30h a 19:30h Sen patrón. Novo circo. Cía Pistacatro – Xunta de Galicia
- 18h a 20h Asinatura de exemplares do poemario arte menor coa autora Susana Sanches Arins – aCentral Folque
- 18h a 20h Tríos de poetas: Sinatura de Fran Fernández Davila Atravesar o don (XIX Premio Illas Sisargas de Poesía Erótica), Paco de Tano Rueiro (colección Baleeiros) e Vicente Vázquez Vidal O conto da leiteira (XXVIII Premio Francisco Añón de poesía) – Editorial Caldeirón
- 19h Sinatura Paco Nogueiras, autor dos libro-discos Brinca vai, Radio Bulebule, Extra e Son animal – KALANDRAKA
- 19h Sinatura de Óscar Villán, ilustrador da colección Do berce e á lúa e outros títulos – KALANDRAKA
- 19h Encontros lectores con Aurora Marco, asina María Vázquez, a mestra socialista eliminada polo franquismo – Alvarellos Editora
- 19h Sinatura de Queco e Kika, de Eva Mejuto – Xerais
- 19h Espectáculo Drag – FETEAGAL
- 19h Antía Yáñez asina Be Water II. Terra – Cuarto de Inverno
- 19h Gonzalo Hermo asina Un xesto de tenrura – Libraría Paz
- 19h a 20h Sinatura de Yolanda Villaverde e Teresa Chamorro – AGER, Asociación Galega de Escritoras e Escritores
- 19h a 20h Ramón D. Veiga asina Pernascochas – Antela Editorial
- 19:30h Showcase de danza. 52 Blau. iXa en coprodución co Centro Coreográfico Galego – Xunta de Galicia
- 20h Encontros lectores con Martiño Noriega, asina Os médicos tamén enferman – Alvarellos Editora
- 20h Sinatura de Tras do Ceo, de Manuel Rivas – Xerais
- Promoción Borneo Producións e Sarai Lorenzo – Pont-Up Store
Domingo
- 11h a 12h Sinatura de Susi DeLaTorre e Benjamín Hermida – AGER, Asociación Galega de Escritoras e Escritores
- 11h a 12h Laura Miranda asina Piolliños – Antela Editorial
- 11:15h presentación con Luis Prego Aida e Rosa. Cantadeiras de Moscoso e actuación de Adonairare – Libraría Paz
- 11:30h Contacontos. Menú máxico de contos. Cris de Caldas – Xunta de Galicia
- 12h Sinatura de exemplares do título Cando era pequena polos autores, Blanca R. Millán e R. J. Peralta – Hércules de Ediciones
- 12h Charla Dialogo entre Silverio Rivas e Alberto Ardid, formulando preguntas de debate. – Fundación Xoán Piñeiro
- 12h Sinatura de Ana Moreiras – Aira
- 12h Sinatura de Askja, de Antonio Manuel Fraga – Xerais
- 12h Sinatura de A vinganza de Paquiño Jackson, de Alba Guzmán – Xerais
- 12h A escritora Isabel Blanco e a ilustradora María Lapido asinan exemplares de Galegas na música e outros libros – Belagua ediciones
- 12h Lectura dramatizada – FETEAGAL
- 12h Olaia Sendón asina O pirata Bruno – Cuarto de Inverno
- 12h Puntogal presenta: Demostración de traballos da First Lego League Galicia – Espazo Lego League Galicia
- 12h a 12:30h Presentación dos puzzles Os nosos mares, a cargo de Diego García de Miudiño e Clara Cerviño, ilustradora. – Economía Social de Galicia
- 12h a 13h Sinatura de Almu Santamaría e Eva Freire – AGER, Asociación Galega de Escritoras e Escritores
- 12h a 13h Tiago Delgado asina A busca de Muncho – Antela Editorial
- 12:30h Maxia de perto. Óscar Fernández. Magia en la manga – Xunta de Galicia
- 12:30h Pablo Varela asina O dentista musical – Libraría Paz
- 12:30h a 14h Imprenta en vivo. Da man da cooperativa Manchea achegarémonos aos segredos das artes gráficas arredor dunha imprenta tipográfica. – Economía Social de Galicia
- 13h Sinatura de exemplares do título Soño de liberdade pola autora, Marisa Castro Cerceda – Hércules de Ediciones
- 13h Sinatura de Marc Taeger, ilustrador de Son animal, Extra, O elefante que perdeu o seu ollo, Un máis e outros títulos – KALANDRAKA
- 13h Rosa Aneiros asina Unha historia de amor como outra calquera – Libraría Paz
- 13h Sinatura de Kiko Da Silva, autor de Moncho e a mancha e ilustrador de Cando Martiño tivo ganas de mexar na Noite de Reis, con Chema Heras, autor deste último título e de Avós – KALANDRAKA
- 13h Sinatura de Laura Suárez – Aira
- 13h Antonio M. Fraga asina Como escorrentar un lobo – Cuarto de Inverno
- 13:30h Pablo Varela, sinatura ‘O dentista musical’
- 13h a 14h Sinatura de Marta Ojea e Teresa Cameselle – AGER, Asociación Galega de Escritoras e Escritores
- 13:30h Cé Orquestra Pantasma, acústico, Fios do querer 10ºaniversario – Miudiño S.Coop.Galega
- 14h a 15h Sinatura de Mar Muñiz – AGER, Asociación Galega de Escritoras e Escritores
- 16:30h Antía Vázquez e André Espiñeira, sinatura de libros A Apalpadora – Mitolóxicas
- 17h Sinatura de exemplares do título A egua de Breogán e do resto da súa obra, pola autora, Estefanía Padullés – Hércules de Ediciones
- 17h Presentación de Caixa Agasallo O MAR, ilustracións a partir dos poemas de Xose Daniel Costas – AFOUTA
- 17h Presentación de Caixa Agasallo POEMONIMIA, ilustracións a partir dos poemas de Luis da Roxa – AFOUTA
- 17h Sinatura de Ítaca, de María Besteiros – Xerais
- 17h Sinatura de Ata que a norte nos separee O libro de Borboligón, de Elena Gallego Abad – Xerais
- 17h Asinatura: LELA a superavoa de Xosé Tomás en edicións Xerais. Un divertido cómic con breves historias autoconclusivas que, a través do humor, lles rende unha homenaxea ás avoas – Libraría Pedreira
- 17h Lectura dramatizada – FETEAGAL
- 17:15h As escritoras Elisabeth Oliveira e Pura Tejelo asinan exemplares dos seus respectivos poemarios, As ninguén e Vestidos de organdí – Belagua ediciones
- 17:30h Contacontos. Menú máxico de contos. Cris de Caldas – Xunta de Galicia
- 17:30h a 18h Presentación da nova xoguetería da cooperativa Miudiño, a cargo de Silvia Freiría – Economía Social de Galicia
- 18h Sinatura de Mulleres que viven xuntas, de Abril Camino e Erin e o lobo, de Érica Esmorís – Xerais
- 18h O escritor Xabier Paz asina exemplares da novela A filla de Lucrecia – Belagua ediciones
- 18h Jorge Rodríguez Durán asina Carnívoras e domésticas – Cuarto de Inverno
- 18:30h Maxia de perto.Óscar Fernández. Magia en la manga – Xunta de Galicia
- 19h Sinatura de De príncipes, princesas e otras andrómenas, de Miguel Alonso Diz – Xerais
- 19h Espectáculo Drag – FETEAGAL
- 19h Entrega do Premios do público ao mellores proxectos de videoxogos galego.Videoxogos.gal. Asociación Galega de Videoxogos e Contidos Interactivos – Xunta de Galicia
- 19h Érica Esmorís asina O Peculiar – Cuarto de Inverno
- Promoción Andrea Area Estudio e Volvemos a primera producciones – Pont-Up Store
Hora
27 novembro, 2025 21:00 - 30 novembro, 2025 20:00(GMT+01:00)
Localización
Pazo da Cultura de Pontevedra
Rúa de Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra, PO



