18mar21:30CULTO CARNE + FOTOCOPIACONCERTOS | Desde 15,00 €21:30(GMT+01:00) La Fábrica de Chocolate
Detalles do eventos
FOTOCOPIA é a posta en práctica dunha hipótese. Como método: á escuras, lanzarse e tropezar intermitentemente coa luz. Non se sabe o que acaba de verse, e iso
Detalles do eventos
FOTOCOPIA é a posta en práctica dunha hipótese. Como método: á escuras, lanzarse e tropezar intermitentemente coa luz. Non se sabe o que acaba de verse, e iso está ben. Esquezamos toda arquitectura e practiquemos xuntos este inquietante aerobic.
Soa dixital pero graxento. Harsh pero pop. Soa ao que antes era o futuro. De todos modos, estas cousas, como os cadáveres, só se etiquetan a posteriori. ¿Proto-EBM-industrial-galego-noise-post-punk, que tal?
CULTO CARNE: Esta proposta, que establece un diálogo entre música, poesía e ilustración, xorde do encontro entre dous proxectos: Cult of Auspex, música experimental que, desde un setup sinxelo case minimalista, fuxe de convencionalismos técnicos para conseguir texturas escuras e industriais, sons inquietantes e samples destrozados, ata transcender a un plano emocional; e Mundo Carne, poemario de Branca Trigo ilustrado por Octavia Russo, que amalgama o individual e o colectivo mediante a construción dun arquivo ficcional de seres incompletos cuxos corpos, vulnerables en rosa sobre fondo negro, convidan a entrar.
Hora
18 marzo, 2026 21:30(GMT+01:00)


