GFFF

Cubo

21nov12:30CuboPEQUECHOS | 5,00€12:30

Detalles do eventos

Elefante Elegante | 45′ | +3 anos | Galego

Dúas sesións: 12:30h. e 18:00h.

C U B O é un espectáculo de teatro de movemento para público infantil e familiar. En escena, un cubo de 2 metros de lado onde habitan dúas personaxes. Xogan, cantan, rin, pelexan e berran. Un día decátanse de que queren ir máis lonxe e descubrir o mundo enteiro. C U B O fala do confinamento, da amizade, das separacións e da aventura de medrar.

Creación: Gonçalo Guerreiro e María Torres
Texto: Tiago Alves Costa
Dirección e escenografía: Gonçalo Guerreiro
Dirección de actores: Pablo Sánchez
Estructura escenográfica: Carolo Losada
Deseño de iluminación: Nacho Martín
Vestiario: Carolina Díguele
Música: Miguel Paz e Manuel Fonte
Elenco artístico: María Torres e Gonçalo Guerreiro

Entradas anticipadas (sen gastos de xestión)
• A través da páxina web de Giglon (www.giglon.com).
• Na Librería Librouro (Eduardo Iglesias 12, Vigo), en horario de luns a sábado, de 10 a 14 e de 17 a 20 horas.
• O mesmo día do espectáculo a partir dunha hora antes do comezo no despacho de billetes do Auditorio (sempre que houbese entradas dispoñibles).

O público entre 12 e 18 anos poderá beneficiarse dun 30% de desconto no prezo das entradas soltas adquiríndoas anticipadamente a través de Internet co código de desconto OTEATROMOLA (no control de accesos do Auditorio poderá solicitarse a documentación acreditativa da idade).

Máis

Hora

(Domingo) 12:30

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra