bannerConfinarte
bannerSGPL

marzo, 2020

Este é un evento repetitivo

28mar19:00CuarentenafestFESTIVAIS E FEIRAS | De balde19:00

Máis

Detalles do evento

Cuarentenafest é o festival de música en streaming en tempos difíciles que ten lugar do luns 16 de marzo ao venres 27 de marzo. Quen está detrás:
“Que a música non pare, non. Tras as medidas do Ministerio de Sanidade preventivas no caso do COVID-19, que limitan a asistencia e o aforo a eventos culturais, as cancelacións de concertos están a ser imparable. Salas e músicos están a sufrir as consecuencias nun xa de seu precario sector.
Con todo, non queremos que a música pare e músicos e selos independentes deste país unímonos para seguir ofrecendo cultura nestes tempos difíciles. Se as circunstancias non nos permiten atoparnos cos fans, queremos seguir chegando a eles, no seu confinamento, nas súas casas.
Así nace Corentena Fest, un festival onde máis dunha trintena de artistas independentes ofrecerán concertos desde o seu espazo de creación: o seu dormitorio, para as casas de toda España. Concertos diarios, cun tipo de proximidade diferente, cunha filosofía clara: a música non se detén, nin sequera en tempos tan duros como este.
O festival dará comezo o próximo 16 de marzo e ofrecerá, ata o 27 de marzo as actuacións dos grupos participantes. O público poderá conectarse a través das canles de youtube dos artistas ou velos todos en cuarentenafest.tumblr.com
Que a música non pare, non.”

Hora

(Sádado) 19:00

X