REVISTA FEBREIRO

Este é un evento repetitivo

Cuarenta… (Mensajes desde el horizonte de sucesos)

13out20:00Cuarenta… (Mensajes desde el horizonte de sucesos)ESPECTÁCULOS | 10,00€20:00(GMT+02:00) Teatro Ensalle

Detalles do eventos

“En 2022 cumprimos corenta anos e quixemos celebralo facendo un espectáculo que percorra, con mirada actual, algúns eventos das nosas dramaturxias que foron fitos nos que nos apoiamos para crecer.
Con este espírito de unir pasado e presente nace Corenta… (Mensaxes desde o horizonte de sucesos)
Esta viaxe que propoñemos ao espectador nace dalgunhas premisas previas, a saber: Non dar nada por sentado, a certeza é inimiga do coñecemento e a poesía é a maneira máis precisa de analizar a realidade.
Así Corenta… fai un percorrido pola necesidade da transcendencia, sobre a mediocridade e as frases feitas, pequenas reflexións sobre as mans, a incerteza, sobre ser brillante en algo, redefinir o “normal”, os límites da saúde mental, sobre a morte, sobre O Estranxeiro de Albert Camus, como dicir poesía, sobre que só sucede o que pode suceder, sobre as grandes palabras nos escenarios baleiros…
O espectáculo é unha sucesión de escenas nas que se debullan, sen solución de continuidade, todos estes temas, sempre cunha linguaxe rápida, directo e moi ecléctico: diálogos absurdos, prosodia, monólogo, reflexión, dicir poesía…
Os textos de Corenta… son avisos, mensaxes nunha botella que se din desde unha fronteira.

O espectáculo ten a humilde pretensión de aliviar a angustia que produce existir no medio de tantos interrogantes, sen caer en solucións fáciles nin entregarnos á certeza de que somos o centro do universo.

Tentámolo…”

Cambaleo Teatro

ENTRADAS

Máis

Hora

13 outubro, 2023 20:00(GMT+01:00)