REVISTA ABRIL

'Crónicas de Olvido' de Graciela Baquero

15mar19:00'Crónicas de Olvido' de Graciela BaqueroACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+01:00) Biblioteca Juan Compañel

Detalles do eventos

Presenta á autora: Uxía Blanco, Concelleira de Igualdade

Esta obra é a crónica dunha gran viaxe, e os poemas que a conforman son notas, textos, restos de diarios con datas, datos, espazos e personaxes diversos nunha interesante e suxestiva mestura de xéneros literarios. Tamén as súas dúas protagonistas, cada unha cunha personalidade distinta, compleméntanse entre si. Por unha banda, a muller que escribe, anota e lembra; polo outro, Olvido, que esquece. Non en balde esta obra foi dedicada «aos esquecidos, para a súa memoria».

Graciela Baquero Ruibal convídanos en Crónicas de Olvido a unha viaxe chea de espazos, de baleiros e ocos por onde entrar e emocionarse. Un libro de poesía en prosa que nos arrastra cara á reflexión e o pensamento que intúe e descoñece no exercicio de vivir. Nacer e revivirse desde a perspectiva do pasado, con Olvido ou sen el, é unha tarefa que abre moitas pontes cheas de espellos, moitas incertezas e ningunha certeza.

Máis

Hora

(Mércores) 19:00(GMT+01:00)

Localización

Biblioteca Juan Compañel

Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events