Detalles do eventos
O martes 30 de xuño o Auditorio do Concello acollera a proxección de ‘Clandestinas: la lucha de las mujeres en la dictadura’, unha produción impulsada
Detalles do eventos
O martes 30 de xuño o Auditorio do Concello acollera a proxección de ‘Clandestinas: la lucha de las mujeres en la dictadura’, unha produción impulsada pola asociación feminista El Club de las 25 co financiamento do Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática e na que se recolle a experiencia de dez mulleres que loitaron na clandestinidade polos dereitos das mulleres durante os últimos anos da ditadura. A través dos seus testemuños en primeira persoa, o documental traza un retrato de valentía, resistencia e compromiso coa liberdade e igualdade nunha época na que os seus dereitos permanecían supeditados aos dos homes.
Figuras clave do feminismo español e da loita dos dereitos das mulleres da talla de Emilia Graña (avogada feminista), Cristina Almeida (avogada e política), Consuelo Abril (avogada especializada en violencia de xénero), Paca Sauquillo (avogada e política), Lidia Falcón (avogada e xornalista), Gloria Nielfa (historiadora e escritora), Laura Tremosa (enxeñeira industrial), Isabel Oliver (pintora), Mari Chorda (pintora e poeta), Eulalia Grau (artista visual) e Cecilia Bartolomeu (directora de cine) son quen participou nesta obra coral cuxa música leva a firma da cantautora Rosa León.
Tras a proxección na cidade olívica, haberá un coloquio no que participarán Cristina Almeida, Paca Sauquillo e Emilia Graña.
O evento é de entrada libre e gratuíta ata completar o aforo do auditorio.
Hora
30 xuño, 2026 19:00 - 19:31(GMT+02:00)
Localización
Auditorio Concello de Vigo
Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
xullo


