CAMELIAS

Crebas, de Manuel Sendón

08dec(dec 8)10:0028feb(feb 28)20:00Crebas, de Manuel SendónARTE E MUSEOS | De balde(decembro 8) 10:00 - (febreiro 28) 20:00(GMT+01:00) Museo do Mar

Detalles do eventos

[ACTUALIZACIÓN: A exposición poderá visitarse ata o 28 de febreiro]

“Crebas” de Manuel Sendón estará exposta na sala de temporais do 2º edificio do Museo do mar ata o 31 de xaneiro de 2021, no horario de apertura do museo.

Crebas é unha serie de trinta fotografías realizada entre 2007 e 2020 nun areal da Costa da Morte, a praia do Rostro na que o autor fotografía os restos de redes, pecios e ferrallas procedentes da pesca que o mar devolve á praia. Aínda que é un traballo presentado con anterioridade en espazos de toda a comunidade galega, a proposta do Museo do Mar, con trinta fotografías de gran formato e un políptico de sesenta máis pequenas, contén imaxes inéditas.

Un dos intereses da mostra radica na conversa que xorde entre as obras, o marco paisaxístico onde se atopa o edificio e os seus fondos antropolóxicos e etnográficos, centrados na evolución da industria da pesca galega. Dalgún xeito, cos seus retratos de redes, pecios e ferros atopados na area, a proposta de Sendón complementa a sección que o Museo do Mar destina á historia dos naufraxios en Galicia, achegando unha visión máis subxectiva. O propio autor afirma que esta institución lle parece “o lugar máis axeitado para expoñer o proxecto”.

Horario:
De martes a venres:10:00-14:00, 16:00-19:00
Sábado e domingo: 11:00-14:00, 17:00-20:00
Luns: pechado

Máis

Hora

8 decembro, 2020 10:00 - 28 febreiro, 2021 20:00(GMT+02:00)

Localización

Museo do Mar

Av. da Atlántida, 160, 36208 Vigo, Pontevedra

Other Events