Creación audiovisual con KALANDRAKA TV – A Movida

novembro, 2018

30nov18:30Creación audiovisual con KALANDRAKA TVOBRADOIRO INFANTIL | De balde18:30 Libros para soñar

Máis

Detalles do evento

LIBROS PARA SOÑAR converterase mañá venres, a partir das 18:30 horas, no plató de KALANDRAKA TV, a nova canle de televisión dixital sobre literatura infantil e xuvenil.

O realizador José Miguel Sagüillo e a presentadora Beatriz Campos impartirán un obradoiro de creación audiovisual para público infantil, no marco da sesión habitual de animación á lectura que se realiza semanalmente na libraría.

Libros para Soñar é unha libraría de Kalandraka especializada en literatura infantil e xuvenil que, dende 2001, vén sendo o referente para os máis pequenos no Casco Vello de Vigo. As súas libreiras falan das numerosas actividades que organizan neste espazo, ademais do labor de asesoramento a familias, docentes e mediadores, co fomento da lectura como un dos piares da libraría. Ademais de mostrae as seccións que ofrece, destacan a importancia de inculcar o amor pola lectura dende o berce.

Hora

(Venres) 18:30

Lugar

Libros para soñar

Rúa Triunfo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

X