VIALIA
bannerPicnicSesions

Crea e pinta o teu xoguete de madeira

22mai17:30Crea e pinta o teu xoguete de madeiraPEQUERRECHOS | 20,00€17:30(GMT+02:00) Academia Arte Miúda

Detalles do eventos

Un taller para desenvolver a súa creatividade cunha xenial ilustradora. Sofía Venzel ten unha imaxinación desbordante e unha soltura incrible para debuxar e converter todo o que toca en arte.

Os nenos poderán gozar e contaxiarse deste gran “poder” que ten Sofía, creando e pintando con ela o seu propio xoguete a partir de madeira rescatada con formas casuais e variadas, algunhas das cales proceden de instrumentos musicais.

Resultaralles divertido crear obxectos a partir desas pezas, que a primeira vista, non teñen forma e están destinadas a terminar a súa vida nunha cheminea.

Poderán converter un simple anaco de madeira no que eles queiran. Un elefante, un barco ou un robot!

Sofía mostraralles os seus contos, dous álbums ilustrados creados por ela e editados por Thule Edicións, “Ao sur” e “Entre bastidores”, dúas preciosas historias con ilustracións que encantan tanto a adultos como aos máis pequenos. É a vosa oportunidade de conseguir un dos seus libros asinados!

Información e reservas: 

artemiuda.com
636 639 245
659 332 590

Máis

Hora

(Sábado) 17:30(GMT+02:00)

Localización

Academia Arte Miúda

Calle Colmeiro Laforet, 5. Vigo, 36203. Pontevedra. España

Other Events