CAMELIAS

Costeira Sonora

05out13:00Costeira SonoraFESTIVAIS E FEIRAS | 50,00 €O festival cancélase polas previsións meteorolóxicas adversas.13:00(GMT+02:00) Pazo de Toubes

Detalles do eventos

O festival cancélase polas previsións meteorolóxicas adversas. Consultar na súa conta de instagram os detalles.

O Pazo de Toubes (Cenlle, Ourense) acolle o próximo 5 de outubro unha nova edición do Festival Costeira Sonora, unha cita que conta con dous grandes atractivos: a localización entre viñedos e as actuacións de Club del Río, Joe Crepúsculo, Lontreira, Malamute e Terrae.

A bodega Viña Costeira repite por quinto ano na organización dun festival de música nacional nas instalacións do seu Pazo de Toubes, unha construcción do1742 que naceu como bodega e hoxe está adicada a actividades de gastronomía e enoturismo. Costeira Sonora celébrase o 5 de outubro, como celebración do fin da vendimia, e, ademais de realizarse nun espazo senlleiro de espectacular beleza natural e histórica, conta cunha interesante programación musical e un showcooking a cargo do chef do restaurante do pazo, novidade este ano.

As entradas están dispoñibles na web da bodega a partir de 50,00 €. Existe a posibilidade de reservar tamén viaxe en autobús desde Ourense e Ribadavia, con saídas tanto pola mañá como pola tarde e dúas opcións de horarios para a volta.

Máis

Hora

5 outubro, 2024 13:00(GMT+02:00)

Localización

Pazo de Toubes

Outeiro, 2, 32454 Cenlle, Province of Ourense

Other Events