
Costeira Sonora
23set17:0023:59Costeira SonoraFESTIVAIS E FEIRAS | ENTRADAS ESGOTADAS17:00 - 23:59
Detalles do eventos
Música, viño e o exclusivo entorno do pazo de Toubes son os ingredientes do festival Costeira Sonora, que se celebra o 23 de setembro en
Detalles do eventos
Música, viño e o exclusivo entorno do pazo de Toubes son os ingredientes do festival Costeira Sonora, que se celebra o 23 de setembro en Ribadavia con Lusillón e Floridablanca como cabezas de cartel.
A bodega Viña Costeira celebra o fin da vendimia por todo o alto, cun festival que aúna música galega e española con gastronomía e viño. Costeira Sonora celebra a súa cuarta edición entre viñedos o sábado 23 de setembro, entre as 17h da tarde e as 2:15h da madrugada, no Pazo de Toubes.
O cartel está formado por Floridablanca, Lusillón, Catuxa Salom , Sila Lua, Rocío Saiz e Calavento.
Ademais de música o atractivo do festival está no exclusivo entorno entre viñedos do pazo e bodega ribadaviense e as actividades paralelas que se desenvolven arredor da gastronomía e o viño, como os aperitivos preparados polo chef de Toubes. A bodega ofrece visitas guiadas aos seus viñedos con posibilidade de quedar a comer durante todo o ano, previa reserva na sección enoturismo da súa web.
Máis

Hora
(Sábado) 17:00 - 23:59
Localización
Pazo de Toubes
Outeiro, 2, 32454 Cenlle, Province of Ourense