Corvax + 16mm – A Movida

novembro, 2018

03nov22:00Corvax + 16mmCONCERTO | 5,00 €22:00 Sala Kominsky

Máis

Detalles do evento

Corvax é un dúo de música electrónica e visuais xeradas a tempo real formado por Laura Iturralde (Trilitrate, Nostoc) e Xavi Núñez (Cró!, Comando Radar, Orquesta Metamovida). Partindo da improvisación, ofrécennos unha viaxe a través de texturas, movemento, armonías, luces e estímulos creados en directo.

16mm é un proxecto no que Macarena Montesinos e Paulo Pascual traballan na musicalización (composición, interpretación, improvisación, etc) de cinema en directo. Esta aventura arranca musicalizando o visionario material de cine de Segundo de Chomón.
Que mellor xeito de levalo adiante que utilizando a máxia da combinación de instrumentación electrónica (Theremin) e acústica (Violochelo)

Hora

(Sádado) 22:00

Lugar

Sala Kominsky

Rúa dos Irmandiños, 3, 36201 Vigo, Pontevedra

X