Detalles do eventos
ADICAM organiza un obradoiro pioneiro sobre corpo, cancro e maternidade, aberto a persoas diagnosticadas de cancro de mama e xinecolóxico, así como os achegados/as. A
Detalles do eventos
ADICAM organiza un obradoiro pioneiro sobre corpo, cancro e maternidade, aberto a persoas diagnosticadas de cancro de mama e xinecolóxico, así como os achegados/as.
A Asociación de Diagnosticadas de Cancro de Mama e Xinecolóxico (ADICAM) organiza o próximo martes 7 de abril as 10:15 un obradoiro no que se abordarán, de maneira integral, cuestións ligadas ao corpo, o cancro e a maternidade, así como ás vivencias específicas das mulleres diagnosticadas de cancro de mama e xinecolóxico.
Baixo o título “Corpo, cancro e maternidade: comprender para coidarse”, a sesión estará dirixida a persoas diagnosticadas, familiares, coidadoras e calquera persoa interesada en aprender e comprender mellor esta realidade. O obradoiro ofrecerá ferramentas e información actualizada para acompañar a pacientes oncolóxicas, cun enfoque profesional, humano e centrado no coidado integral.
A actividade será impartida por Vanesa Rodríguez, xinecóloga do Hospital Álvaro Cunqueiro, quen abordará temas de especial relevancia como:
• Cancro de mama asociado ao embarazo
• Cancro hereditario de mama e xinecolóxico
• Impacto físico e emocional dos tratamentos
• Acompañamento á maternidade en situación oncolóxica
• Necesidades corporais, sexuais e reprodutivas das pacientes
O obradoiro pretende ser un espazo de aprendizaxe, comprensión e diálogo, no que as persoas asistentes poidan resolver dúbidas e compartir inquietudes nun ambiente seguro e respectuoso.
A charla encontrase encadrada dentro do programa de ADICAM na subvención a entidades e asociacións de carácter social sen ánimo de lucro para realización de actividades na área dos servizos sociais no ano 2026 do Concello de Vigo.
Hora
7 abril, 2026 10:15(GMT+02:00)
Hoxe móvese
maio

