BANNER CANS
BANNER GALAXIA

25mai19:00CORAL ALLEGRO: 'Cantando sueños'ESPECTÁCULOS | Desde 16,60 €19:00(GMT+02:00) Auditorio Teatro Afundación

Detalles do eventos

Tras o éxito do seu espectáculo de zarzuelas en 2023, a Coral Allegro regresa cunha proposta chea de emoción e fantasía. O vindeiro domingo 25 de maio ás 19:00 horas, a maxia de Cantando sueños chegará ao Teatro Afundación de Vigo, onde a nostalxia e o recordo estarán presentes nun espectáculo inspirado nos clásicos que marcaron a nosa infancia.

Con música en directo, asombrosas coreografías e unha coidada posta en escena, a Coral Allegro convida o público a unha viaxe a través de cancións inesquecibles de clásicos como El Rey León, Mary Poppins, Aladdin ou La Sirenita. Un evento único que promete espertar recordos e emocións en cada nota, chegando ao corazón de pequenos e maiores.

O espectáculo está dirixido a todos os públicos e recomendado a maiores de 5 anos pola súa duración aproximada de 90 minutos. Contará cunha única función, polo que se recomenda adquirir as entradas con antelación.

ENTRADAS AQUÍ

Máis

Hora

25 maio, 2025 19:00(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Teatro Afundación

Marqués de Valladares s/n

Other Events