REVISTA ABRIL

Cora Velasco

01xul18:0022:00Cora VelascoCONCERTOS | 12,00€18:00 - 22:00(GMT+02:00) Fundación Sales

Detalles do eventos

A Fundación Sales volve encherse de música ao aire libre este verán, nunha iniciativa que promete nove concertos durante xullo, agosto e setembro. As entradas, que custan entre 12 e 15€ (consumición incluída), serán individuais para cada xornada e permitirán o acceso desde as 18:00 ata o remate do concerto, que terá lugar aproximadamente entre as 20 e as 22h. Antes e despois das actuacións haberá unha sesión DJ para amenizar aos alí presentes, que poderán dar unha volta polos xardíns ou tomar algo na terraza. Todas estas xornadas musicais, agás a última do 11 de setembro, terán lugar os xoves.

CORA VELASCO

Telonear a Jorge Drexler en Pontevedra, a súa cidade natal, cámbialle a vida.

Tras varios anos como Cora Sayers, a música pontevedresa decide dar un xiro á súa carreira, empezando por adoptar o seu nome propio. Publica o seu primeiro álbum en decembro de 2018 baixo o título de « Sortilegios» e preséntao en febreiro do ano seguinte en DiscoGrande, xunto a Julio Ruiz.

Estas 7 cancións lévana ao Teatro Principal de Pontevedra, a telonear a Luz Casal na Festa doAlbariño de Cambados e a festivais como Portamérica, 17ºRibeira Sacra, Festival de la Luz e Solpores do Museo.

Despois de presentar o seu traballo « Sortilegios», en varias salas e eventos de Galicia no verán de 2020, agora atópase inmersa na pre-produción de novas cancións, que conformarán un futuro álbum.

Máis

Hora

(Xoves) 18:00 - 22:00(GMT+02:00)

Localización

Fundación Sales

de, Av. Europa, 52, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events