decembro, 2019

13dec21:00Coque MallaCONCERTOS | Desde 20,00€21:00 Mar de Vigo

Máis

Detalles do evento

Coque Malla volve a atopase co publico do Mar de Vigo. Tras o seu exitoso concerto do pasado ano, o cantante comparece no escenario principal do Auditorio coa súa xira ‘Revolución’, coa que presenta o seu novo traballo. O concerto será o 13 de decembro ás  21:00 horas. As entradas xa están á venda online. A última actuación de Coque Malla en Vigo, a do ano pasado, foi todo un éxito. Primeiro, entradas esgotadas. Despois, xa no concerto, a comuñón entre o cantante e o seu púbico foi total.

Sobre a súa nova xira, a que o trae de novo ao Mar de Vigo, Coque Malla di así: “É a máis apetecible e gustosa que tiven por diante xamais. Cidades que amo e onde fun moi feliz tocando durante todos estes anos e recintos nos que nunca toquei e cos que se me pon a carne de galiña só de imaxinarme subido aos seus escenarios” O cantante chega cunha nova proposta de espectáculo e musical. E proxéctao desde a súa propia imaxe, con tinguiduras máis radicais para un traballo máis reflexivo e no que dá un paso adiante no simbolismo poético que xa marcaba moitas das súas cancións. O prezo das entradas oscila entre os 20 e os 30 euros.

Hora

(Venres) 21:00

Lugar

Mar de Vigo

Av. da Beiramar, 59, 36202 Vigo, Pontevedra

X