VIALIA
KIKIMORENTE

Convócase unha foliada reivindicativa para salvar a carballeira da Barroca, ameazada polo Vigo Arena

09feb13:00Convócase unha foliada reivindicativa para salvar a carballeira da Barroca, ameazada polo Vigo ArenaFESTIVAIS E FEIRAS | De balde13:00(GMT+01:00) Carballeira da Barroca

Detalles do eventos

A plataforma cidadá Salvemos a Barroca organiza unha nova acción para concienciar sobre a carballeira ameazada polo proxecto do recinto multiusos Vigo Arena. Por iso, organizan unha foliada reivindicativa este domingo 9 de febreiro a partir das 13:00 h na carballeira sita na rúa Casaliños, en San Paio de Navia, coñecida como A Barroca, coa actuación especial do grupo popular As Ferrinhas. A organización anima aos asistentes a traer pandeiros, pandeiretas, ferriños, cunchas, gaitas, acordeóns… para erguer voces e bailes contra da desaparición deste pequeno e fermoso bosque aluvial. A continuación, servirase un petisco solidario a prezo popular na Cafetería da Asociación de Veciños Emilio Crespo (rúa Bravo, 6).

POR QUE A VECIÑANZA NON QUERE O VIGO ARENA EN NAVIA?

Moi pronto o barrio residencial, tranquilo, histórico e verde que coñecemos como San Paio de Navia verase aínda máis transformado para albergar un macro recinto: o Vigo Arena. En Vigo tramitouse un novo Plan Xeral (PXOM) que organiza a cidade dos próximos anos. O PXOM estivo en exposición ao público, os veciños de Navia puidemos consultalo e facer alegacións. Naquel documento, o Bosque da Barroca, situado na confluencia do camiño Barroca coa Avda. de Europa, mantíñase como zona verde protexendo o valor natural que ten na actualidade. Trala exposición ao público e xa sen posibilidade de que os veciños puidésemos alegar, o alcalde Abel Caballero cambia o documento e o Bosque da Barroca pasa a ser o lugar elixido para a construción do Vigo Arena. Por isto, a veciñanza da zona síntese enganada e pregúntasea por que o alcalde actuou de costas á cidadanía.

Entre os problemas que causaría esta megaconstrucción están os ruídos, a circulación de vehículos, a expropiación de 46.000 metros cadrados de leiras privadas, o impacto paisaxístico da glorieta elevada de 80 metros de diámetro, perda de masa forestal e o dano ao humidal de Pertegueiras, o último que queda na zona.

Máis

Hora

9 febreiro, 2025 13:00(GMT+01:00)

Localización

Carballeira da Barroca

Cam. Barroca, 59, 36212 Vigo, Pontevedra

Other Events