Conversa Cristina Sánchez-Andrade+Andrea Costas Lago
Detalles do eventos
O martes 31 de maio o salón de actos do MARCO acollerá un encontro entre a escritora Cristina Sánchez-Andrade, autora dun dos libros desta tempada do Club de Lectura, e a
Detalles do eventos
O martes 31 de maio o salón de actos do MARCO acollerá un encontro entre a escritora Cristina Sánchez-Andrade, autora dun dos libros desta tempada do Club de Lectura, e a artista Andrea Costas Lago, que o próximo outono protagonizará unha exposición no MARCO. Encadrada na programación do Club de Lectura #BiblioMARCO, a actividade será presentada e moderada por o seu responsable Iria Fernández Mouriz.
Organizado pola Biblioteca-Centro de documentación, o Club #BiblioMARCO é unha actividade gratuíta, concibida como espazo de encontro e intercambio de experiencias para persoas interesadas nas artes en xeral. Os eixes argumentales das novelas están relacionados coa arte nas súas distintas manifestacións, e cada sesión está acompañada con material de apoio e catálogos que, máis alá da lectura en si, establecen relacións con obras e movementos artísticos, música e cinema, o que converte o club #BiblioMARCO nunha experiencia diferente que axuda a afondar nos contidos da creación contemporánea. O obxectivo é constituír un espazo de debate e pensamento crítico en torno aos múltiples temas que aparecen nos libros e achegar, por esta vía, a arte contemporánea a novos públicos.
Nesta ocasión, o punto de partida e o fío condutor do encontro entre Cristina Sánchez-Andrade e Andrea Costas Lago é unha reflexión en torno ao medo como experiencia universal. Unha conexión que, de forma inconsciente, está presente en todas as lecturas elixidas para as sesións do Club dos últimos meses:
Dende o medo á soidade e ao rexeitamento en La ciudad solitaria (Olivia Laing), ata a perda de control e a enfermidade mental en La paciente silenciosa (Alex Michaelides), pasando polos mundos descoñecidos e a perda da memoria en Ardalén (Miguelanxo Prado); o temor á maternidade e as relacións tóxicas en La anguila (Paula Bonet), ou o terror sutil, froito do coñecemento e da ignorancia, na propia novela de Sánchez-Andrade, Las inviernas.
A tenda-libraría LASAL BOOKS, con sede no MARCO, colaborará nesta actividade situando xunto á entrada do salón de actos unha selección de libros de Cristina Sánchez-Andrade, e publicacións de arte contemporánea relacionadas co tema da sesión.
Máis

Hora
(Martes) 19:00
Localización
MARCO
Museo de Arte Contemporánea de Vigo, Rúa do Príncipe, 54, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes