REVISTA FEBREIRO

CONVERSA CON ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO

22xan20:00CONVERSA CON ANTONIO GARCÍA TEIJEIROACTIVIDADES PARA O COCO | De balde20:00(GMT+01:00) Asociación Cultural Évame Oroza

Detalles do eventos

O vindeiro 22 de xaneiro (20:00 h) celebrarase en Évame Oroza “Desafiando a Antonio García Teijeiro diante da fiestra”, unha conversa na que participarán o escritor Antonio García Teijeiro, a xornalista e escritora María Xosé Porteiro e o editor Xabier Romero, e que xurde en torno a Sentado diante da fiestra, un libro que recolle 50 artigos publicados no suplemento «Estela», do Faro de Vigo (2020‒2024), e un máis dedicado ao Centenario do Real Club Celta de Vigo.

Nesta morea de textos, Antonio García Teijeiro expón boa parte dunha vida a través duns artigos que nacen da reflexión sobre a sociedade e sobre as artes. Para o autor, o mundo dos libros, da lectura, do deporte, da lingua ou da música son fundamentais para comprender a súa obra literaria e o seu compromiso persoal nun mundo complexo e contraditorio. Ademais, son unha aproximación moi clara ao seu pensamento tanto social coma cultural, en que artistas, músicos, escritores, cancións e literatura están presentes, sempre relacionados coa forma de ver certas realidades máis alá do que temos diante.

Antonio García Teijeiro (Vigo, 1952), poeta e narrador, conseguiu importantes premios literarios como o Premio Merlín, o Premio europeo Pier Paolo Vergerio da Universidade de Padua, o Luna de aire, e entrou, en dúas ocasións, na Lista de Honra do ibby, ademais doutros galardóns como o I Premio de Poesía erótica Illas Sisargas.
En 2017, concedéronlle o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil polo seu poemario Poemar o mar (Ed. Xerais), libro co que gañou o Premio Fundación Cuatro Gatos (Miami, 2018). Fixéronse tres antoloxías da súa obra en galego, en castelán e en portugués. Con Editorial Elvira publicou o libro Se falases de min e En voz baja.

Máis

Hora

22 xaneiro, 2025 20:00(GMT+01:00)

Localización

Asociación Cultural Évame Oroza

Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events