novembro, 2019

28nov19:30Contrahexemonías desde o euACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30 Cubo Vigo

Máis

Detalles do evento

Xoves, 28 de novembro de 2019
Contrahexemonías desde o eu
Sabela Fraga Costa – Doutoranda en Belas Artes pola Universidade de Vigo
“Coa palestra desta investigadora falarase do poder da imaxe, desde unha óptica feminista, á hora de crear contrahexemonías. Para iso analizaranse traballos de artistas coa capacidade de alterar os códigos na cultura visual e daquela xerar cambios, transformacións e outras formas de ver a vida e estar no mundo. Porque recoñecer a importancia crítica da representación da muller na cultura patriarcal é comprender tamén a importancia radical que ten a súa análise e subversión. Co traballo de moitas artistas emerxen, daquela, unhas propostas en torno a unha subxectividade disidente que se nutre das experiencias vividas como mulleres que crean novas formas de verse e darse a ver. Co autorretrato dáse unha procura da propia imaxe con fins emancipadores despois de séculos construíndonos en base a un modelo feito por e para outros. Con esta palestra comprobaremos como a través do autorretrato emerxe o persoal dun xeito político para rachar cos modelos impostos.”

Hora

(Xoves) 19:30

Lugar

Cubo Vigo

Rúa do Doutor Cadaval, 17-b 36202 Vigo Pontevedra

X