Contos para soñar e velas para soplar – A Movida

abril, 2018

20abr18:30Contos para soñar e velas para soplarCONTACONTOS | De balde18:30 Libros para soñar

Máis

Detalles do evento

LIBROS PARA SOÑAR celebrará o seu aniversario o vindeiro luns, 23 de abril, Día do Libro, e con tal motivo, adiantará a celebración a este venres 20 para facela coincidir coa sesión habitual de contacontos, ás 18:30 horas. Nesta ocasión especial, aberta ao público, os protagonistas serán usuarios e usuarias da libraría, lectoras e lectores, nais e pais que ao longo destes 17 anos de traxectoria teñen contribuído coa súa presenza, a súa complicidade e o seu compromiso a que LIBROS PARA SOÑAR fose sumando anos.

Será unha sesión emotiva e chea de sorpresas na que non faltará a clásica torta de cumpreanos para que os nenos e as nenas axuden a soprar as velas no aniversario da libraría infantil e xuvenil do Casco Vello.

Este luns, LIBROS PARA SOÑAR sumarase á tradicional campaña de promoción co gallo do Día do Libro, ofrecendo un 10% de desconto no importe das compras.

Hora

(Venres) 18:30

Lugar

Libros para soñar

Rúa Triunfo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Organizador

Editorial Kalandraka

X