BannerGNight

maio, 2021

15mai12:30Contos de mascotas que contanPEQUERRECHOS | De balde12:30 Museo Verbum

Detalles do eventos

En ‘Contos de mascotas que contan’ quérovos presentar a unha chea de animaliños adorables. Un deles é unha mascota que aínda non é porque só está nos soños de quen a desexa moito, moito, moito… Outra é unha mascota diferente e moi pouco común, pero non por iso menos especial.
Tamén temos unha mini mascota que se merece un mini conto e temos ata unha mascota de trapo que é tan adorable que está sempre chea de bicos e aloumiños.
Din que ter unha mascota é ter un amigo e estes contos están cheos de amigos.

Contada para público familiar a partir de 3 anos; por Nanda Misa
Duración aproximada: 50 minutos

Entrada de balde con inscrición previa. A inscrición tramítase unicamente a través do Servizo de Atención Telefónica do Concello de Vigo – 010 (desde teléfono móbil: 986 81 02 60), a partir do luns 10 de 8:00 a 20:00

Sábado 15 ás 12:30

Máis

Hora

(Sábado) 12:30

Localización

Museo Verbum

Av. Samil, 17, 36212 Vigo, Pontevedra

X