FAITE AMOVIDALOVER

13feb18:00“CONTOS DE ENTROIDO” E PREMIO AO MELLOR DISFRACEas nosas festas | de balde18:00(GMT+01:00) Libros para soñar

Detalles do eventos

LIBROS PARA SOÑAR celebra hoxe venres, a partir das 18:00 horas, unha sesión de “Contos de Entroido” na que todas as nenas e os nenos que asistan poden lucir o seu disfrace. Haberá un premio ao atavío máis orixinal. Tamén as libreiras estarán caracterizadas para a ocasión, ademais de compartir un feixe de historias repletas de humor e diversión. Clásicos como “Os tres bandidos” de Tomi Ungerer, “Elmer” de David McKee, “O pirata valente” de Ricardo Alcántara e Gusti, e obras actuais como “Tomás, o bromista”, de Jorge Rico Ródenas e Anna Laura Cantone, publicadas no catálogo de KALANDRAKA, conformarán o repertorio desta actividade de animación á lectura.

“Os tres bandidos” é unha obra de referencia, publicada en 1961. Conta a historia dunha banda de salteadores cun aspecto moi peculiar e moi temida polas súas falcatruadas que, coa chegada dunha meniña orfa, muda por completo o seu comportamento.

Igual de icónico é tamén o elefante de retallos multicolor, un personaxe divertido inspirado na obra de Paul Klee que aplaude a diversidade e as diferenzas, que promove a solidariedade e o respecto, a amizade e a aceptación.

“O pirata valente” aborda a ilimitada capacidade do maxín infantil para darlle unha dimensión lúdica a calquera obxecto cotiá. O xogo simbólico, a reciclaxe e a fantasía están presentes nas páxinas deste conto rimado, ilustrado con elementos que reforzan a súa expresividade e dinamismo.

“Tomás o bromista” está protagonizado por un neno ao que lle gusta disfrazarse para sorprender e asustar a veciñanza; un álbum con divertidas rimas e moito colorido que tamén anima as lectoras e os lectores a crear os seus propios vestidos e máscaras a partir de materiais usados.

Hora

13 febreiro, 2026 18:00(GMT+01:00)

Localización

Libros para soñar

Rúa Triunfo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events