VIALIA
bannerPicnicSesions

Contos Dakí: Xurxo Souto

28mai19:30Contos Dakí: Xurxo SoutoESPECTÁCULOS | De balde19:30(GMT+02:00) Biblioteca Xosé Neira Vilas

Detalles do eventos

Contos Dakí é un ciclo no que nos visitan algúns dos contadores e contadoras de máis renome do panorama galego e internacional para deleitarnos cos seus contos rescatados da tradición oral, pero tamén da cotianidade que nos rodea. Son historias cheas de humor e retranca que de seguro non han deixar indiferentes a todas aquelas persoas que teñan o pracer de escoitalas. Nesta ocasión visítanos o escritor e músico Xurxo Souto.

Hai trinta anos Xurxo Souto comezou a percorrer Galiza co seu conxunto: Os Diplomáticos de Monte-Alto. Moi ben o pasou e -sobre todo- moitas historias aprendeu. Reuniu oitenta delas nun libro ‘Pangalaica’, caixa de música de onde sairán as paroladas que vai botar na biblioteca. Petiscos cheos de humor que acaban conformando unha cosmovisión alternativa do país:
É mentira a fronteira entre o rural e o urbano. Todas somos da aldea. Vigo e mais A Coruña son a mesma cidade!
Non vivimos na fin da Terra, nós somos o centro do Mar! Presenza profunda que nos chama na alta madrugada, cando cala o boureo dos seres humanos e só se escoita a súa voz. Na Coruña di: Orzán! En Vigo repite: Berbés, Berbés!

Destinatarios: Público adulto
Entrada de balde con inscrición previa de maneira presencial na biblioteca, mandando un correo electrónico a bpneiravilas@vigo.org ou ben a través do teléfono 986 267 759.

Máis

Hora

(Venres) 19:30(GMT+02:00)

Localización

Biblioteca Xosé Neira Vilas

Avenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events