REVISTA ABRIL

Contos arredor do lume

28dec12:00Contos arredor do lumePEQUERRECHOS | De balde12:00(GMT+01:00) O Calvario

Detalles do eventos

Unha xograresa chega co seu pandeiro coma unha ilusionista de verbas e cántigas, para invocar historias remotas e achegalas ás orellas esixentes e aos corazóns famentos. Un espectáculo de narración oral que trae contos escollidos, historias de aldea, coplas recollidas, escoitadas e inventadas pola fantasía da memoria que esperta.

Unha proposta que fala de igualdade, do respecto polo medio, as nosas xentes de agora e de antes, arredor do lume, da terra e do Magosto. Unha creación que pretende activar as lembranzas do colectivo, traída por Alba Grande.

Mércores 28 ás 12:00

Máis

Hora

(Mércores) 12:00(GMT+01:00)

Localización

O Calvario

Rúa de Urzáiz, 183, 36205 Vigo, Pontevedra

Other Events