Este é un evento repetitivo22 decembro, 2025 19:00
21dec19:00'Conto de Nadal'ESPECTÁCULOS | Desde 6,00 €19:00(GMT+01:00) Aproinppa
Detalles do eventos
DURACIÓN: Do 28 de novembro ata o 4 de xaneiro, agás os días 20, 24, 25, 26 e 31 de decembro e 1 de xaneiroHORA: 19:00 h
Detalles do eventos
DURACIÓN: Do 28 de novembro ata o 4 de xaneiro, agás os días 20, 24, 25, 26 e 31 de decembro e 1 de xaneiro
HORA: 19:00 h
ESPAZO: Rúa Segunda República, 10, Vigo (Aproimppa)
PREZO: Adultos – 8€ | Menos de 12 – 6€
Durante as festas de nadal deste 2025, a cidade de Vigo contará coa representación do espectáculo CONTO DE NADAL, que estará en cartel ata o día 4 de xaneiro. A proposta da Compañia Vicus é unha revisión do clásico de Charles Dickens pensada para que toda a familia viva unha experiencia inolvidable. Coa colaboración da Asociación Aproimppa, o espectáculo estará en cartel na Rúa Segunda República, 10, é dicir, no centro da cidade.
O ESPECTÁCULO
O Conto de Nadal é un clásico da literatura universal escrito por Charles Dickens en 1843. Moitas son as adaptacións que existen da novela, máis ningunha coma esta. O vello Pantalone leva anos tratando mal a todo o mundo. Os seus empregados non teñen para comer e incluso o seu mellor amigo Dottore morreu pola súa culpa.
Antes do día de nadal, Dottore regresa para advertilo de que tres meigas virán para tratar de cambialo e facer del unha boa persoa. Viaxan primeiro o seu pasado, onde un novísimo Pantalone trata de namorar a súa amada, a Señora Rosaura, pero fracasa por causa da súa avaricia. A meiga do presente lévao a presenciar como a familia do seu criado Arlecchino ten dificultades para comer. O soldo que lle ofrece non é suficiente e tanto a súa muller Francesquina, como o seu fillo Pulchinella, buscan a forma de matar a fame como boamente poden. Por último, a meiga do futuro mostraralle que clase de lembranzas terá o mundo del o día no que xa non camiñe entre os vivos. Estas viaxes abrirán en Pantalone unha nova forma de ver o mundo e descubrirá que a amabilidade non é unha debilidade, se non todo o contrario.
SOBRE VICUS TEATRO
Logo de 4 anos de formación da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, na cidade de Vigo, cinco comediantes decidiron poñer en marcha Vicus Teatro, para embarcarse nunha fermosa aventura cultural e humana. A formación nas aulas permitiunos especializarnos nas artes escénicas en tan diversas disciplinas como o xogo de máscara, o circo, a loita escénica, o canto, o mimo, a danza e, sobre todo, a commedia dell’arte. Unha formación completa e esixente que nos permite garantir un alto nivel técnico e artístico nos nosos espectáculos, cursos, conferencias e e xiras nacionais e internacionais. Así como un repertorio de obras infantís, didácticas, e de commedia dell’arte. Vicus Teatro comeza o seu percorrido no ano 2015 co espectáculo A 3 Niveis, que foi Finalista no certame Xuventude Crea dese ano. Durante moito tempo sacou adiante un proxecto didáctico que percorreu os institutos galegos chamado Crónicas. No ano 2022 estrea a peza Salón Alfonsina, sobre a poetisa Alfonsina Storni. Ademais de ser Finalista do Xuventude Crea, a obra recibiu premios á Mellor Actriz e Mellor Texto Orixinal.
Hora
21 decembro, 2025 19:00(GMT+01:00)
Localización
Aproinppa
C/ II República s/n (Puerta del Sol, Rúa Segunda República, 10, 36202 Vigo, Pontevedra



