Contacontos musical: 'Cambia o conto'
04feb12:00Contacontos musical: 'Cambia o conto'PEQUERRECHOS | De balde12:00(GMT+01:00) Librouro
Detalles do eventos
Este vindeiro sábado 4 de febreiro a partir das 12:00 horas na libraría Librouro (Eduardo Iglesias, 12) teremos a oportunidade de gozar dunha actividade dirixida aos pequenos da
Detalles do eventos
Este vindeiro sábado 4 de febreiro a partir das 12:00 horas na libraría Librouro (Eduardo Iglesias, 12) teremos a oportunidade de gozar dunha actividade dirixida aos pequenos da casa consistente nun contacontos musical arredor do libro Cambia o conto, publicado por Editorial Galaxia, e composto polo grupo Música Miúda, banda da que forman parte Irene Quinteiro, Miguel Alonso e Óscar Martínez e que percorren Galicia con contacontos musicais e concertos que deron forma a este proxecto de “Cambia o conto” na que combinan contos e cancións de propia creación nas que inciden especialmente na diversidade e na integración e cunha especial perspectiva de xénero e vontade de fomento da lingua galega.
Neste libro que conta con ilustracións de Xosé Tomás danlle a volta de xeito orixinal aos estereotipos dos contos infantís engadindo musicas engaliolantes que farán as delicias da rapazada da casa desde os 3 anos en diante.
Máis
Hora
4 febreiro, 2023 12:00(GMT+01:00)
Localización
Librouro
Rúa de Eduardo Iglesias, 12, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes