Detalles do eventos
A Bibl. Juan Compañel acolle Flipa cos contos, un contacontos de Bandullo azul dirixido a nenos maiores de catro anos. SINOPSE
Detalles do eventos
A Bibl. Juan Compañel acolle Flipa cos contos, un contacontos de Bandullo azul dirixido a nenos maiores de catro anos.
SINOPSE
Historias tradicionais, música e humor repártense entre os dous contadores que soben a escena: o actor Fran Campos e a súa amiga Filipa, que lle dará un valor engadido ás historias de carácter tradicional: a súa experiencia. Pero ollo, que non son uns contos calquera. Entre eses contos haberá tamén historias cantadas. Haberá historias e xogos de palabras feitas cancións. Historias non só da nosa contorna máis próxima, senón tamén doutras terras. Contos “filipantes”, acompañados dunha guitarra.
É necesario inscribirse previamente na biblioteca ou no número de teléfono 886 120 445.
Hora
4 outubro, 2025 12:00(GMT+02:00)
Localización
Biblioteca Juan Compañel
Rúa Joaquín Yáñez, 6, 36202 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
agosto


