Contacontos con Rena Ortega
Detalles do eventos
O sábado 1 de abril, aproveitando a celebración do Día do libro Infantil e Xuvenil, teremos á escritora e ilustradora Rena Ortega facendo un contacontos do seu libro
Detalles do eventos
O sábado 1 de abril, aproveitando a celebración do Día do libro Infantil e Xuvenil, teremos á escritora e ilustradora Rena Ortega facendo un contacontos do seu libro “Todo a babor! Unha pequena gran volta ao mundo”.
Para quen aínda non coñeza o conto coidamos que esta é a ocasión perfecta! Nas súas páxinas aprenderemos de maneira lúdica como foi a primeira volta ao mundo en barco pasaremos polo temido Estreito de Magalláns e coñeceremos por que se chama así, atravesaremos os océanos máis bravos e descubrimos de paso unha chea de países.
Ademais encontraredes no final un xogo de ‘busca e encontra’, coa obxectos imprescindibles dunha boa tripulante e unhas divertidas preguntas para ver canto aprendimos despois da viaxe.
Embárcate nesta aventura o 1 de abril de 12h00 a 14h00! As prazas son limitadas, polo que recomendamos que reservedes as vosas antes de que voen. Podedes ir pola libraría, escribirlles ou chamarlles ao 986276235.
Máis
Hora
1 abril, 2023 12:00(GMT+02:00)
Localización
Espazo Lector Nobel O Calvario
Rúa de Urzaiz, 171, Bajo, 36205 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Séguenos nas redes