Detalles do eventos
Xa en plenas festas do Nadal, LIBROS PARA SOÑAR celebra este venres a partir das 18:00 horas a súa habitual sesión de contacontos coa visita especial dos mestres
Detalles do eventos
Xa en plenas festas do Nadal, LIBROS PARA SOÑAR celebra este venres a partir das 18:00 horas a súa habitual sesión de contacontos coa visita especial dos mestres Pilar Martínez e Chema Heras, autores de varios libros publicados por KALANDRAKA. No repertorio non faltarán títulos como «A galiña roxa» (finalista do Premio Crescere con i libri 2014 en Italia), adaptado por Pilar Martínez e con ilustracións de Marco Somà; e «Cando Martiño tivo ganas de mexar na noite de Reis», escrito por Chema Heras e ilustrado por Kiko da Silva. Este último título, precisamente, acaba de chegar ás librarías nunha edición especial cun diorama que as nenas e os nenos poden recortar para xogar co personaxe protagonista e recrear as aventuras que transcorren no seu fogar.
Hora
12 decembro, 2025 18:00(GMT+01:00)
Localización
Libros para soñar
Rúa Triunfo, 1, 36202 Vigo, Pontevedra



