xuño, 2019

05xuñ(xuñ 5)18:1728xul(xul 28)14:00Construíndo cos materiais. Elena Colmeiro. 1958-2016EXPOSICIÓN | De balde(xuño 5) 18:17 - (xullo 28) 14:00 Casa das Artes

Máis

Detalles do evento

Elena Colmeiro (Costela, Silleda, Pontevedra, 1932) é sen ningún xénero de dúbidas unha precursora da escultura cerámica en España. Inquieta e innovadora, investigadora de materiais e linguaxes foi quen de crear unha obra moi persoal, onde lles deu forma aos seus intereses plásticos, rompendo convencionalismos e investigando o uso de novos materiais industriais. A súa longa traxectoria artística viviu un proceso paralelo á súa evolución persoal, unha procura incesante de novas ideas e formas, de novos elementos sobre os que materializar os seus proxectos, “son unha persoa con necesidade de propostas. Cando consigo unha idea e diferentes solucións para aplicala non podo quedar aí, necesito facerme novas formulacións sobre ela porque se non terminaría nun facer gratuíto que non di nada”.

“Construíndo cos materiais.Elena Colmeiro. 1958-2016” expón unha mirada retrospectiva sobre a traxectoria dunha das artistas máis importantes na renovación da linguaxe cerámica en España, aínda que cun escaso coñecemento entre o gran público. Unha mostra que reúne obra practicamente inédita, non mostrada anteriormente na súa maior parte, froito dun longo e continuo traballo de taller e realizada en Vigo, a mesma cidade onde Elena Colmeiro expuxo por primeira vez en España hai máis de sesenta anos.

Unha homenaxe pero tamén un percorrido a través dos diferentes elementos conceptuais e técnicos que ao longo da súa traxectoria foron marcando o sólido proceso investigador e creativo desta gran artista. Desta maneira, na exposición inclúense desde obras realizadas ao comezo da súa carreira nos anos sesenta, cando a súa obra evolucionará desde o “utilitario” cara ao “escultórico”, ata a súa última peza realizada no seu taller de Madrid en 2016, onde a obra se converteu nunha “parede cerámica” de ferro e ladrillo. Construír, innovar, atopar solucións segue estando presente no traballo de Elena Colmeiro.

Estará exposta ata o 28 de xullo en horario de luns a venres de 18 a 21. Sábados de 12 a 14 e de 18 a 21. Domingos e festivos de 12 a 14

Hora

Xuño 5 (Mércores) 18:17 - Xullo 28 (Domingo) 14:00

Lugar

Casa das Artes

Policarpo Sanz, 15, Vigo

X