CONSORT DE VIOLAS DE GAMBA DO CSMVigo

29nov20:30CONSORT DE VIOLAS DE GAMBA DO CSMVigoCONCERTOS | De balde20:30(GMT+01:00) Auditorio Martín Códax

Detalles do eventos

O consort de violas da gamba do CSMVigo ofrecerá o vindeiro martes 29 de novembro ás 20:30 un concerto co título “In dulci jubilo” xunto ás sopranos Sara Cayetano e Natalia Rial e ao tenor José Antonio Campo. Interpretarán obras de autores do barroco alemán e inglés como Johann Sebastian Bach, William Byrd, Mathew Locke ou Johann Rosenmüller nun programa baseado na música vocal e instrumental de temática en torno ao Nadal. A agrupación será dirixida por Sara Ruiz, profesora de Viola da gamba no CSMVigo e participarán tamén profesores do departamento de Música Antiga como Pavel Amilcar e Rafael Muñoz, todos eles intérpretes de longa traxectoria no eido da música antiga. Entrada de balde ata completar aforo

Máis

Hora

29 novembro, 2022 20:30(GMT+02:00)

Localización

Auditorio Martín Códax

Rúa de Manuel Olivié, 23, 36203 Vigo, Pontevedra

Other Events