
04xul11:00'CONSERVAS O NOSO'PEQUERRECHOS | De balde11:00(GMT+02:00) Biblioteca Xosé Neira Vilas
Detalles do eventos
A Biblioteca Xosé Neira Vilas acolle Conservas O Noso, un obradoiro infantil (dirixido a nenos maiores de seis anos) de arte urbana enfocado na conservación
Detalles do eventos
A Biblioteca Xosé Neira Vilas acolle Conservas O Noso, un obradoiro infantil (dirixido a nenos maiores de seis anos) de arte urbana enfocado na conservación do patrimonio cultural galego. Envasaranse tradicións e costumes en latas de conserva, creadas e etiquetadas polos participantes, co obxectivo de que se involucren na preservación da identidade cultural de Galicia. Esta actividade non só busca fomentar a creatividade, senón, tamén, destacar a importancia de coñecer e compartir as raíces culturais. Unha combinación de diversión e conservación, nun contexto lúdico e educativo que contribúe á conexión dos máis pequenos coa nosa herdanza.
É necesario inscribirse previamente.
Máis
Hora
4 xullo, 2025 11:00(GMT+02:00)
Localización
Biblioteca Xosé Neira Vilas
Avenida de Emilio Martínez Garrido, 21, 36205 Vigo, Pontevedra
Hoxe móvese
Mes actualxullo
- Mes actual