Conmemoración a Rosalía

24feb19:0019:30Conmemoración a RosalíaACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00 - 19:30(GMT+01:00) Sede da Deputación de Pontevedra

Detalles do eventos

A Deputación de Pontevedra celebrará o aniversario da autora, o vindeiro 24 de febreiro na sala Rosalía de Castro da sede
de Vigo ás 19:00 horas, nos que xunto co recordo serán protagonistas a música, a poesía, a gastronomía ou as camelias.

A música tamén estará presente nas celebracións coa actuación do cuarteto belga de pandeireteiras Ialma. Estas netas de emigrantes refuxiadas e refuxiados en Bélxica identifícanse con Rosalía e foron recibindo, non sen medo, o relato das súas familias sobre o amor á súa terra.

O público non irá á casa coas mans baleiras neste día, xa que recibirá como obsequio exemplares da camelia, ‘Rosalía de Castro’ que forma parte do Xardín de Camelias con Nome deMuller do Castelo de Soutomaior.

Marta Dacosta será a encargada de ler o tradicional manifesto da entidade, escrito este ano por Beatriz Maceda Abeleira baixo o título ‘Pensarte libre’, que segue o lema da AELG para 2022 de #SementadePensamentos. O manifesto entregarase
en formato físico nos actos institucionais e será difundido nas redes sociais e tamén na web depo.gal.
Ademais, seguindo a chamada que fai a AELG desde 2010, a Deputación agasallará a todas as persoas que participen nos actos cun libro en galego, neste caso da Colección Medal do servizo editorial do departamento de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación: unha serie de poesía feita por mulleres que se estreou o pasado ano coa publicación de ‘Violetas no asfalto’ de Lucía Novas.

Máis

Hora

(Xoves) 19:00 - 19:30(GMT+01:00)

Localización

Sede da Deputación de Pontevedra

Rúa Chao, 17, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events