XERAIS

12nov19:30Conferencia 'Mirar Vigo… A mirada dos artistas e a cidade de cores'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+01:00) Escola Municipal de Artes e Oficios

Detalles do eventos

O Instituto de Estudios Vigueses organiza ao longo de 2026 o fórum Mirar Vigo, mirar por Vigo, un ciclo de actividades culturais que inclúe conferencias e un paseo guiado para afondar na historiae e o patrimonio de Vigo e da súa contorna. As sesións celebraranse principalmente na Escola de Artes e Oficios, son de balde, e contarán coa participación de investigadores, historiadores e artistas.

Reserva no enderezo electrónico: forumestudiosvigueses@gmail.com, que será firme cando se confirme o número asignado. Se hai prazas libres ofreceranse no propio salón de actos ata completar aforo.

Xoves 9 de abril ás 19:30h na Biblioteca da Escola de Artes e Oficios
Conferencia de José Luis Mateo, historiador da arte: ‘Mirar Vigo… Vigo nas vistas e ilustracións‘. Presenta: Carlos Núñez.

Xoves 14 de maio ás 19:30h na Biblioteca da Escola de Artes e Oficios
Conferencia de Diego Gómez Fernández, avogado especialista en dereito urbanístico e coordinador da sección de Formación do Colexio de Avogados de Vigo: “O patrimonio cultural e o planeamento urbanístico de Vigo”. Presenta: Jacinto Lareo.

Xoves 11 de xuño ás 16:30 e ás 17:00h, con saída dende a parada do autobús urbano no Berbés
Paseo guiado pola obra de Antonio Palacios e Manuel Gómez Román. Guías: José Luis Varela Alén, Mercedes Bangueses e José Luis Mateo.

Percorrido: Convento das Salesas e chalé de Manuel Gómez Román (Vigo), Templo Votivo do Mar (Panxón, Nigrán) e Virxe da Rocha (Baiona).

Reserva en forumestudiosvigueses@gmail.com, que será firme cando se confirme o número de praza e o autobús asignado.

Xoves 24 de setembro, ás 19:30h na Escola de Artes e Oficios
Conferencia de Roberto Mera Covas, investigador e licenciado en Dereito e Ciencias Políticas e da Administración: ‘Alejandro Viana Esperón: do compromiso con Vigo á proeza do rescate dos refuxiados republicanos’. Presenta: José Luis Mateo.

Xoves 15 de outubro, ás 19:30h na Escola de Artes e Oficios
Conferencia de Vicente Caramés Moreira, comisario de exposicións, investigador e arqueólogo conservador do Museo do Mar de Galicia en Vigo: ‘O triángulo do oprobio escravista entre África, Galicia e América’. Presenta: José Luis Mateo.

Xoves 12 de novembro, ás 19:30h na Escola de Artes e Oficios
Mesa redonda cos artistas Nelson Villalobos e Antón Pulido: ‘Mirar Vigo… A mirada dos artistas e a cidade de cores‘. Presenta: Antonio Giráldez.

Hora

12 novembro, 2026 19:30(GMT+01:00)

Localización

Escola Municipal de Artes e Oficios

Other Events