REVISTA FEBREIRO

Conferencia 'Exploracións espeleolóxicas na Sima Aradelas'

17xan19:30Conferencia 'Exploracións espeleolóxicas na Sima Aradelas'ACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:30(GMT+01:00) Auditorio Municipal do Concello

Detalles do eventos

Un lago subterráneo de augas azul turquesa e novas galerías descubertas na sima Aradelas serán os protagonistas da conferencia que se vai impartir o venres 17 de xaneiro en Vigo, no auditorio municipal, ás 19:30 h.

Durante o 2024, un equipo espeleolóxico formado por 40 espeleólogos e espeleólogas de Galicia e Asturias exploraron 2 km de galerías, salas e pozos completamente virxes na cova máis fonda de Galicia, a sima Aradelas, no Xeoparque Mundial da UNESCO Montañas do Courel (Lugo). Agora, este equipo achega estes resultados ao gran público de Vigo e a súa contorna a través dunha conferencia con numerosas imaxes no interior da cova, con lagos e abundantes estalactitas, estalagmitas e outras formacións de gran beleza.

A conferencia estará ao cargo de dous veteranos espeleólogos vigueses, Daniel Ballesteros, do Club Montañeiros Celtas, e Benigno Iglesias do Espeleoclub Aradelas, quen estivo nas primeiras exploracións da cova a finais dos anos 70. Ambos especialistas desvelarán os últimos segredos da sima Aradelas, relatando como aconteceron tales descubertas co apoio do Xeoparque e a Deputación de Lugo. En definitiva, facer sentir ao público asistente a sensación de pór un pé onde ninguén o fixo antes.

Máis

Hora

17 xaneiro, 2025 19:30(GMT+01:00)

Localización

Auditorio Municipal do Concello

Praza do Rei, 1, 36202 Vigo, Pontevedra

Other Events