Conferencia EDUCACIÓN S. XXI: JOSÉ LUIS GARCÍA
Detalles do eventos
Esta conferencia enmárcase dentro do programa CULTURA POR ALIMENTOS impulsado por Afundación, a Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos
Detalles do eventos
Esta conferencia enmárcase dentro do programa CULTURA POR ALIMENTOS impulsado por Afundación, a Obra Social ABANCA, en colaboración coa Federación Española de Bancos de Alimentos para incrementar os recursos do banco de alimentos local. Convidamos todas as persoas que asistan a este evento a colaborar con esta campaña solidaria coa doazón de produtos non perecedoiros, que poderán depositar á entrada do recinto.
Nesta conferencia o experto en educación sexual e condutas adictivas asociadas á pornografía en menores, José Luis García, abordará os riscos e a necesidade dunha educación sexual profesional e científica, pero non só, tamén a importancia de que as familias e mesmo o profesorado aborden de fronte estes temas en casa e na aula. A pregunta é, por tanto: Que vas facer? Queres que o porno violento sexa o seu referente educativo, ou che adiantas ti?
A inmensa maioría desta pornografía á que se expoñen os menores presenta diferentes doses de violencia real contra as mulleres. Por ese motivo, aínda que as estatísticas falan de que a porcentaxe de consumo en mozas é menor, elas son as que sofren unha parte importante das consecuencias. Ademais, hai evidencias científicas suficientes para considerar diferentes efectos adversos para a súa saúde emocional, afectiva e sexual. Todo iso configura un escenario complexo que moitas familias non queren recoñecer.
Educación s. XXI preséntase coma un recurso educativo dedicado a familias, profesorado e escolares, co obxectivo de responder a cuestións actuais que preocupan a sociedade en xeral e afectan de maneira directa ao sector educativo: a intelixencia artificial e o futuro profesional, o acoso escolar e a saúde mental, así coma convivir coa excepcionalidade de integrar, dentro do eido educativo e familiar, nenas e nenos con diversidade funcional.
Máis
Hora
13 decembro, 2023 19:00(GMT+01:00)
Localización
Sede Afundación
Rúa Policarpo Sanz, 24-26, 36202 Vigo, Pontevedra
Séguenos nas redes