>
Detalles do eventos
A asociación Évame Oroza celebrará o Día das Letras Galegas cunha conferencia dedicada á figura de Begoña Caamaño, homenaxeada este ano pola Real Academia Galega. A cita terá
Detalles do eventos
A asociación Évame Oroza celebrará o Día das Letras Galegas cunha conferencia dedicada á figura de Begoña Caamaño, homenaxeada este ano pola Real Academia Galega. A cita terá lugar o xoves 14 de maio, ás 20:00 horas, baixo o título “Begoña Caamaño. Un xeito de entender e estar no mundo”, e contará coa participación da profesora e crítica literaria María Xesús Nogueira Pereira. A entrada será libre ata completar aforo.
Durante a conferencia, Nogueira realizará un percorrido polas diferentes facetas da biografía e da obra de Begoña Caamaño, achegando ao público o perfil dunha muller que concibiu o feminismo e a literatura como unha forma de entender e estar no mundo.
María Xesús Nogueira (A Estrada, 1968) é profesora de Literatura Galega na Universidade de Santiago de Compostela e autora de varios libros e numerosos estudos sobre literatura galega contemporánea, especialmente centrados na poesía actual, a literatura e o xénero, o medio ambiente e o posthumanismo. Ademais, desde hai máis de tres décadas exerce a crítica literaria en diferentes medios.
Como estudosa da figura de Begoña Caamaño, asinou recentemente, xunto con Ana Romaní, Volveredes brindar por min. Unha biografía de Begoña Caamaño, e coordinou tamén o volume Begoña Caamaño: mudar o mundo, publicado pola Universidade de Santiago de Compostela.
Hora
14 maio, 2026 20:00(GMT+02:00)
Localización
Asociación Cultural Évame Oroza
Subida Costa, 5, 36202 Vigo, Pontevedra


