Percorrido Vigo Migrante

19xuñ19:00Percorrido Vigo MigranteACTIVIDADES PARA O COCO | De balde19:00(GMT+02:00) Porto de Vigo

Detalles do eventos

Fundamar e Vigo Pesqueiro celebran a III Semana Vigo Migrante. Os días 19, 20 e 21 de xuño únense no marco da celebración do Día Mundial da Persoa Refuxiada, co obxectivo de mellorar o coñecemento e sensibilizar sobre a realidade da poboación migrante na cidade de Vigo ao longo da súa historia.

Para coñecer o pasado e o presente migratorio relacionado co sector marítimo-pesqueiro da cidade de Vigo organizan o seguinte programa de actividades de balde, pero con reserva. É preciso anotarse enviando os teus datos (nome completo dos participantes, DNI e número de teléfono) a info@vigopesqueiro.com ou a través do teléfono 671 45 95 49.

Programa:

Luns 19 ás 19h – Percorrido Vigo Migrante

Martes 20 ás 16h – Visita Estaleiro Cardama

Mérocer 21 ás 15:30h – Visita Lonxa de mariscos

Máis

Hora

19 xuño, 2023 19:00(GMT+02:00)

Localización

Porto de Vigo

Cánovas del Castillo 3 36202 Vigo

Other Events